Gonzalo Adrio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gonzalo Adrio
Nome completoGonzalo Adrio Barreiro
Nacemento1 de outubro de 1919
 Pontevedra
Falecemento1 de xaneiro de 2018
 Pontevedra
SoterradoCemiterio de Santo Amaro de Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Educado enUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónavogado e político
IrmánsJosé Adrio Barreiro
PremiosMedalla de Ouro ó Merito no Traballo
editar datos en Wikidata ]

Gonzalo Adrio Barreiro, nado en Pontevedra o 1 de outubro de 1919, e finado na mesma cidade o 1 de xaneiro de 2018[1], foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de José Adrio Mañá e irmán de José Adrio Barreiro, licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Dedicou a súa vida ao exercicio da avogacía e ao estudo do Dereito Civil Galego. Ingresou na Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación en 1970. Foi presidente do Partido Socialista Popular de Galicia, tras ingresar no Partido dos Socialistas de Galicia foi parlamentario autonómico entre 1985 e 1989, encabezou a lista do PSdeG ó concello de Pontevedra en 1987. No ano 2004 editou un libro de memorias, Sin odio, sin rencor, pero el recuerdo vivo (Edicións do Castro). Especialista na memoria histórica e na recuperación dos falecidos durante a guerra e a represión franquista.

Estivo casado con Aurora Taracido Fraga (1921-2014) e tiveron cinco fillas: Beatriz, Aurora, María Margarita, Matilde e Susana Adrio Taracido[2]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Sin odio, sin rencor, pero el recuerdo vivo, 2004.
  • La vida municipal en la II República española. Examen de los municipios en la provincia de Pontevedra en ese período (1931-1936), 2008.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 2003 recibiu o premio honorífico Cidade de Pontevedra outorgado polo Concello "pola súa traxectoria vital na loita pola recuperación da memoria histórica, exemplo de honestidade e entrega comprometida co noso tempo e coa nosa terra, no que se personalizan os valores democráticos e de solidariedade". En 2011 o goberno de España concedeulle a Medalla ao Mérito do Traballo.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Aurora Taracido Fraga, filla de Arturo Taracido.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Falece o avogado e político Gonzalo Adrio Barreiro aos 98 anos", de Alejandro Espiño en Pontevedra Viva, 1 de xaneiro de 2018.
  2. Adrio (Pontevedra), na web Liñaxes.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Gonzalo_Adrio&oldid=4833452"