Gonzalo Bouza-Brey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gonzalo Bouza-Brey
Nacemento18 de abril de 1952
 Vilagarcía de Arousa
Falecemento23 de decembro de 2012
 Vilagarcía de Arousa
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpoeta e avogado
PaiLuís Bouza-Brey Trillo
IrmánsLuís Bouza-Brey Villar
editar datos en Wikidata ]

Gonzalo Bouza-Brey Villar, nado en Vilagarcía de Arousa o 18 de abril de 1952 e falecido na mesma vila o 23 de decembro de 2012[1], foi un escritor e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no Colexio Manuel Peleteiro de Santiago de Compostela e licenciouse en dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Despois de facer o servizo militar volveu a Vilagarcía de Arousa a traballar no despacho de procurador do seu pai.

Iniciouse na militancia política no PCG da clandestinidade, e convértese nunha das principais figuras comunistas de toda a comarca da Arousa. Foi elixido concelleiro nas primeiras eleccións municipais, precisamente en Vilagarcía, e ocupou o cargo de primeiro tenente de alcalde na primeira corporación democrática, en pacto co PSdeG e co seu alcalde José Recuna.

Animador cultural da vida vilagarciá, foi membro de numerosas asociacións, presidente de congresos poéticos, e poeta e escritor el mesmo, tanto de temas literarios como etnográficos.

Obra[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Canto en tres tempos de amor e esperanza (1972)
  • Periplo de amor e mar

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Ferro Couselo e o Ateneo do Ullán (2000).
  • Luis Bouza-Brey, obra completa.
  • Os arousáns polo mundo. Nós tamén fumos emigrantes (2008).
  • O alcumario de Arousa, do Ullán e do Salnés (2008).

Vida familiar[editar | editar a fonte]

Fillo de Lucho Bouza e Celia Villar, sobriño de Fermín Bouza Brey e irmán de Luís Bouza-Brey. Deixou dous fillos, Gonzalo e Olalla. Faleceu dunha caída na rúa[2].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Gonzalo_Bouza-Brey&oldid=5202902"