Gonzalo Rodríguez Mourullo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gonzalo Rodríguez Mourullo
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Nacemento17 de maio de 1935
 Balcaide
NacionalidadeEspaña
Educado enUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupacióncatedrático de universidade e xurista
PaiJosé Rodríguez Vázquez
PremiosMedalla Castelao e Gran Cruz da Orde de San Raimundo de Peñafort
editar datos en Wikidata ]

Gonzalo Rodríguez Mourullo, nado en Balcaide (Calo, Teo) o 17 de maio de 1935[1], é un escritor, avogado e xurista galego.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de José Rodríguez Vázquez. Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela, foi catedrático de dereito penal na Universidade de Oviedo, na Universidade de Santiago de Compostela (1970) e na Universidade Autónoma de Madrid desde 1970.

Dende moi novo escribiu relatos curtos, algúns foron publicados na revista Vamos do colexio Minerva de Santiago de Compostela. En 1954 publicou Nasce unha árbore, ano no que obtivo o primeiro premio de contos do Centro Galego de Bos Aires, e en 1956 Memoria de Tains (galardoado nas festas Minervais), obras que sentaron as bases dunha fonda renovación na literatura galega que deu orixe á Nova Narrativa Galega, pero deixou de escribir e rompeu calquera relación co sistema literario galego. Tamén colaborou en La Noche.

Tivo un papel destacado na elaboración do Código Penal de 1995 como relator xeral do proxecto de 1980 e foi o avogado defensor de Emilio Botín no xuízo que o xulgaba por xubilacións millonarias e no cal resultou absolto. Foi tamén un dos avogados do político galego Pablo Crespo durante a investigación da trama Gürtel.

No ano 2003 foi condecorado pola Xunta de Galicia coa Medalla Castelao.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Matilde Otero Varela. É pai de Gonzalo, Alberto, Pablo e Laura Rodríguez-Mourullo Otero.

Obras[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Nasce unha árbore, 1954, Edicións Monterrei.
  • Memoria de Tains, 1956, Edicións Monterrei.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Enciclopedia Galega Universal, Ir Indo.
  2. «A literatura axúdame no Dereito», entrevista en La Voz de Galicia, 6-2-2002, p. 34.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Diccionario da literatura galega I Autores. Vigo: Galaxia. 1995. ISBN 84-8288-019-5. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Gonzalo_Rodríguez_Mourullo&oldid=5008635"