Gordon Tootoosis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gordon Tootoosis
Gordon Tootoosis.jpg
Tootoosis nos 1970s
Nacemento25 de outubro de 1941
LugarReserva Poundmaker, Saskatchewan, Flag of Canada.svgCanadá
Falecemento5 de xullo de 2011 (69 anos)
LugarSaskatoon, Saskatchewan, Flag of Canada.svgCanadá
Causapneumonía
NacionalidadeCanadá
PaiJohn Tootoosis
ProfesiónActor
editar datos en Wikidata ]

Gordon Tootoosis, nado o 25 de outubro de 1941 en Saskatchewan, Canadá, e finado o 5 de xullo de 2011, foi un actor de ascendencia cree e nakoda. El era descendente de "Yellow Mud Blanket", irmán do famoso líder cree Pitikwahanapiwiyin.[1] Foi recoñecido pola súa vontade de preservar a súa cultura e por contar as historias do seu pobo. Foi un membro fundador da Compañía de Teatro Nativa de Saskatchewan. Tootoosis foi un activista cree do traballo social e xefe da súa banda tribal.[2] Como actor, interpretou diversas personaxes en filmes e producións de televisión tanto no Canadá coma nos Estados Unidos.[2] En Open Season E Boog and Elliot's Midnight Bun Run, Tootoosis fai a voz do Sheriff Gordy.

Foi galardoado coa Orde do Canadá o 29 de outubro de 2004.[2] Na cerimonia, que tivo lugar o 9 de setembro de 2005, foi recoñecido como un modelo a imitar para os rapaces nativos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O primeiro papel de Tootoosis nun filme foi en Alien Thunder (1973), con Chief Dan George e Donald Sutherland. Gordon participou na miniserie da CBC Television By Way of the Stars con Eric Schweig como "Black Thunder" e Tantoo Cardinal como "Franoise". Esta foi rodada en Uxbridge, Ontario. Tootoosis prestou a súa voz xunto con Russell Means na produción de Disney Pocahontas (1995) e Song of Hiawatha (1997).

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • Alien Thunder (1974) — Voz todopoderosa
  • Red Serge (1986-87)
  • Stone Fox (1987) - Stone Fox
  • Friday the 13th: The Series (1989, TV, Tempada 2, episodio #50, "The Shaman's Apprentice") — Spotted Owl
  • Black Robe (1991) - Old Aenons
  • Leaving Normal (1992) - Hank Amaruk
  • By Way of the Stars (1992 TV mini-series) - O xefe cree
  • North of 60 (1992) - Albert Golo
  • The Call of the Wild (1993) (TV) - Charlie
  • Legends of the Fall (1994) - One Stab
  • Pocahontas (1995) - Kekata (voz)
  • Lone Star (1996) - Wesley Birdsong
  • Crazy Horse (1996) - Akicita
  • Alaska (1996) - Ben Quincy General Store
  • Song of Hiawatha (1997) - Iagoo
  • Keeping the Promise (1997)- Chief Saknis
  • The Edge (1997) - Jack Hawk
  • Pocahontas: The Legend (1999) - Xefe Powhatan (Wahunsonacock)
  • Reindeer Games (2000) - Old Governor
  • Dream Storm: A North of 60 Mystery (2001) (TV) - Albert Golo
  • Auf Wiedersehen, Pet (2002) - Joe Saugus
  • Now & Forever (2002) - Ghost Fox
  • Dreamkeeper (2003) (TV) - Kills Enemy
  • Smallville (2004) (TV) - Joseph Willowbrook
  • Into the West (2005) (TV) - Growling Bear
  • Shania: A Life in Eight Albums (2005) - Greey Twain
  • Hank Williams First Nation (2005) - Adelard Fox
  • Open Season (2006) - Gordy (voz)
  • Enterrádeme o corazón en Wounded Knee (2007) - Red Cloud
  • Wapos Bay: The Series (2005–2010) - Mushom (voz)
  • Blackstone (2011)
  • Doomsday Prophecy (2011) - John
  • Guns, Girls and Gambling (2011)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Wise, Wyndham. "Gordon Tootoosis". The Canadian Encyclopedia. Consultado o 5 de xullo de 2011. 
  2. 2,02,12,2 Goberno do Canadá (ed.). "Gordon Tootoosis, C.M.". Orde do Canadá. Consultado o 5 de xullo de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Gordon_Tootoosis&oldid=4526178"