El Gran Wyoming

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Gran Wyoming")
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Gran Wyoming
El Gran Wyoming (cropped).jpg
Gran Wyoming
Nome completo José Miguel Monzón Navarro
Alcume/outros El Gran Wyoming
Nacemento 15 de maio de 1955 (63 anos)
Lugar Madrid, Madrid Comunidade de Madrid
Nacionalidade España
Profesión Actor, director, músico, presentador
editar datos en Wikidata ]

José Miguel Monzón Navarro, máis coñecido polo seu nome artístico El Gran Wyoming, nado en Madrid o 15 de outubro de 1955, é un presentador de televisión, actor, director, humorista, músico, escritor, comediante e médico español. Ás veces é chamado, de xeito abreviado, Gran Wyoming, Wyoming e Guayo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Monzón pertence a unha familia de farmacéuticos e é doutor en Medicina. Abandonou o seu traballo como médico para dedicarse ó mundo do espectáculo.

Ó principio da súa carreira musical tocaba xunto ó seu grupo Paracelso, e máis adiante representaba espectáculos cómico-musicais xunto ao pianista alcumado Maestro Reverendo. Presentou varios programas televisivos, como La noche se mueve (1992), de José María Fraguas, e El peor programa de la semana (1993), de David Trueba. Televisión Española deixou de programar este despois de que emitise unha entrevista co escritor Quim Monzó na que este fixo un chiste sobre a actividade laboral da infanta Elena de Borbón. A dirección do ente público declarou que a decisión de suspender este programa se debía á súa baixa audiencia. Monzón asegurou que iso podería explicar que deixasen de producir novos programas, pero non que se negasen a emitir os xa producidos, e achacou a decisión a razóns políticas.

En 1996 volveu á televisión, pero esta vez á canle privada Telecinco, presentando a versión española do programa arxentino Caiga Quien Caiga con grande éxito. No 2004 obtivo un novo programa en Televisión Española, La Azotea de Wyoming, que rematou supoñendo un gran fracaso. Tras varios cambios de horario e cotas de pantalla que chegaron ao 6%, TVE decidiu retirar "La Azotea" da súa programación. En 2005 Telecinco ofreceulle volver presentar Caiga Quien Caiga, proposta que rexeitou. Finalmente o programa regresou á pequena pantalla presentado por Manel Fuentes e conservando do que fora o seu equipo anterior unicamente a Arturo Valls como un dos copresentadores.

Dende o 2006 presenta en laSexta o programa nocturno El Intermedio, no cal destripa a actualidade diaria con grandes doses de humor.

De ideoloxía esquerdista, o Gran Wyoming foi un dos promotores de manifestacións contra a política do Partido Popular durante a súa segunda lexislatura. Dirixiu o segmento Muertos de segunda no filme colectivo de denuncia Hay motivo.

Televisión[editar | editar a fonte]

Como actor[editar | editar a fonte]

  • La mujer de tu vida: La mujer fría (1988) (TV)
  • Los jinetes del alba (1990)
  • La mujer de tu vida 2: La mujer duende (1992)
  • Hermanos de leche (1995)

Como presentador[editar | editar a fonte]

  • Silencio, se juega (1984), en TVE.
  • Esto es lo que hay (1985), en TVE.
  • En la cuerda floja (1985), en TVE.
  • A media voz (1988), en TVE.
  • La noche se mueve (1992-1993), en Telemadrid.
  • El peor programa de la semana (1993-1994), en TVE.
  • Caiga quien caiga (1996-2002), en Telecinco.
  • El club de la comedia (2004), en Antena 3.
  • La Azotea de Wyoming (2005), en TVE.
  • El Intermedio (2006- ), en laSexta.

Cine[editar | editar a fonte]

Como actor[editar | editar a fonte]

  • Isi/Disi. Amor a lo bestia (2004)
  • El oro de Moscú (2003)
  • Vivancos 3 o Vivancos III (Si gusta haremos las dos primeras) (2002)
  • El florido pensil (2002)
  • Buñuel y la mesa del rey Salomón (2001)
  • Manolito Gafotas en ¡Mola ser jefe! (2001)
  • Torrente 2: Misión en Marbella (2001)
  • Muertos de risa (1999)
  • Torrente, el brazo tonto de la ley (1998)
  • Un día bajo el sol (En dag til i solen) (1998)
  • Tengo una casa (1996)
  • El día de la Bestia (1995)
  • Los peores años de nuestra vida (1994)
  • Cómo ser infeliz y disfrutarlo (1994)
  • Oh, cielos (1994)
  • Pásala (1994)
  • Hermanos de leche (1994) (serie de televisión)
  • La marrana]] (1992)
  • La reina anónima (1992)
  • La mujer de tu vida 2: La mujer duende (1992)
  • Quiero que sea él (1991)
  • Los jinetes del alba (1990)
  • La mujer de tu vida: La mujer fría (1988)
  • No hagas planes con Marga (1988)
  • Esa cosa con plumas (1988)
  • El juego más divertido (1988)
  • La vida alegre (1987)
  • Lulú de noche (1986)
  • Sé infiel y no mires con quién (1985)
  • Best Seller (película)|Best Seller (1982)
  • Ópera prima (1980)

Como guionista[editar | editar a fonte]

  • Quiero que sea él (1991)
  • La mujer de tu vida 2: La mujer duende (1992)
  • Historias de la puta mili (1994)
  • Paris bien vale una misa (2005)

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premios ATV. Gañador en 1998, 2000, 2001 e 2002 do Premio ó Mellor Comunicador de Programa de Entretemento por Caiga Quien Caiga e en 2009, na mesma categoría, por El Intermedio.
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=El_Gran_Wyoming&oldid=4782212"