Granada, Caribe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Granada
Grenada
Bandeira de Granada
Escudo de Granada
BandeiraEscudo
Grenada on the globe (Americas centered).svg
Lema: Ever conscious of God we aspire, build and advance as one people
(Galego: «Sempre conscientes de Deus, aspiramos a construír e a progresar como pobo unido»)
Himno: Hail Grenada
Capital
 • Poboación
Saint George's
7 500 (1999)
Cidade máis poboada Saint George's
Linguas oficiais Inglés
Forma de goberno Monarquía parlamentaria
Xefe de Estado
Gobernador Xeral
Primeiro Ministro
Raíña Isabel II
Cécile La Grenade
Keith Mitchell
Independencia do Reino Unido 7 de febreiro de 1974
Superficie Posto 210º
 • Total 344 km²
 • % auga 1,6
Fronteiras 0 km
Costas 121 km
Poboación Posto 181º
 • Total (2005 est.) 89 502 hab.
 • Densidade 259 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total n/d
 • per cápita n/d
PIB (PPA) Posto 176º
 • Total (2005) 883 millóns US$
 • per cápita 8 608 US$
Moeda Dólar Caribe-Leste (EC$, XCD)
IDH (2003) 0,787 (66º) – medio
Xentilicio Granadino, -a
Fuso horario UTC-4
 • Horario de verán Non aplica
Dominio de Internet .gd
Prefixo telefónico +1-473
Prefixo radiofónico J3A-J3Z
Código ISO 308 / GRD / GD
Membro de: ONU, Commonwealth, OEA, CARICOM, OECS

Granada (en inglés Grenada) é unha illa país no mar Caribe que inclúe ás Granadinas do sur. É o segundo país independente máis pequeno do hemisferio occidental (logo de Saint Kitts e Nevis). Atópase na zona sueste do mar Caribe, ao norte de Trinidad e Tobago, ao Nordeste de Venezuela e ao sur de San Vicente e Granadinas.

Historia[editar | editar a fonte]

A historia rexistrada de Granada comeza en 1498, cando Cristovo Colón divisou por vez primeira a illa. Tras un intento errado dos ingleses para establecerse na illa, os franceses compraron a illa aos indios caribes no ano 1650. A illa foi cedida de novo a Gran Bretaña en 1783. Granada converteuse nunha Colonia da Coroa en 1877.

Granada conseguiu a independencia en 1974 e, en 1979, tras un período de grande inestabilidade política, o carismático e popular líder de esquerdas Maurice Bishop fíxose co poder. O socialismo de Bishop e a súa cooperación coa Cuba comunista non foi ben recibido polas nacións conservadoras da zona, como Barbados, Dominica e os Estados Unidos. Unha disputa co á comunista, leal a Bernard Coard, do partido que estaba no poder, New Jewel, levou a un golpe de estado e a execución de Bishop o 19 de outubro de 1983.

Seis días máis tarde, a illa foi invadida polas forzas militares dos Estados Unidos e doutras seis nacións do Caribe dentro dunha campaña militar chamada Operación Furia Urxente. As tropas capturaron rapidamente aos líderes da revolución e aos seus conselleiros cubanos, moitos dos cales estaban traballando na construción dun grande aeroporto para a illa que foi completado polos Estados Unidos algúns anos máis tarde. Ao ano seguinte celebráronse eleccións. Unha das preocupacións tácticas coñecidas dos Estados Unidos era a recuperación con vida dos estadounidenses matriculados na Universidade de St. George's.

En setembro de 2004, a illa foi arrasada polo Furacán Iván. O furacán, de categoría 3, danou ou destruíu o 90 % das vivendas.

Goberno e Política[editar | editar a fonte]

Saint George no ano 2000

Ao ser unha nación da Commonwealth, a monarca británica é formalmente a Xefa de Estado. Ela é representada por un Gobernador Xeral, aínda que o poder executivo real recae sobre o líder do goberno, o Primeiro Ministro. Aínda que o primeiro ministro é nomeado polo Gobernador xeral, este adoita ser o líder do partido con máis representación no parlamento.

O parlamento consiste nun senado (con 13 membros) e unha Cámara de Representantes (con 15 membros). Os senadores son nomeados polo goberno e a oposición, mentres que os representantes son elixidos polo pobo cada cinco anos. Co 49,9% dos votos e oito escanos nas eleccións de 2003, o New National Party de Granada permanece como principal partido político nas illas. O partido principal da oposición é o National Democratic Congress o cal obtivo o 45,1% dos votos e 7 escanos.

Organización político-administrativa[editar | editar a fonte]

Politicamente, Granada está dividida en seis zonas chamadas parroquias. Estas son:

Carriacou e Pequena Martinica, dúas das Granadinas que teñen o status de dependencia con Granada, forman a sétima división administrativa de Granada.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Mapa de Granada

A illa chamada propiamente Granada é a máis grande do país. As pequenas Granadinas son Carriacou, Pequena Martinica, Ronde, Illa Caille, Illa Diamante, Large Island, Saline Island e Frigate island. A gran parte da poboación vive na propia Granada, cuxas cidades máis grandes son a capital Saint George's, Grenville e Gouyave. O asentamento máis grande nas outras illas é Hillsborough na illa de Carriacou.

As illas son dunha orixe volcánico, sendo o terreo interior das illas lixeiramente montañoso, con algúns pequenos ríos que flúen cara ao mar. O clima é tropical: caloroso e húmido. Granada vese afectada ocasionalmente por furacáns. A tormenta máis recente foi o Furacán Iván en setembro de 2004.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Granada.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución Demográfica de Granada entre 1961 e 2003 Poboación en millóns de habitantes.

Aproximadamente o 80% da poboación son descendentes dos escravos africanos traídos polos europeos; son poucos os indíxenas caribes e arauacos que quedan na illa.

O idioma oficial, o inglés, é falado por toda a poboación, aínda que algúns aínda falan francés patois. Case todos os granadinos son cristiáns, dos cales aproximadamente a metade deles católicos. O anglicanismo é a relixión protestante principal.

Cultura[editar | editar a fonte]

A influencia francesa na cultura granadina é moito menor que noutras illas do Caribe. A cultura de Granada está fortemente influenciada polas raíces africanas da maioría dos granadinos.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Granada,_Caribe&oldid=4714091"