Granollers

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Granollers
Escut de Granollers.svg
Localización
Localització de Granollers respecte del Vallès Oriental.svg
País España España
Comunidade autónoma Cataluña Cataluña
Provincia Barcelona
Comarca Vallès Oriental
Xeografía
Altitude 145 msnm
Superficie 14,9 km²
Demografía
Poboación 59.691 hab. (2010)
Densidade 4.006,11 hab/km²
Xentilicio Granollerí, granollerina
Outros datos
Código postal 08401-08402-08403-08404
Alcalde Josep Mayoral i Antigas (PSC)
www.granollers.cat
Igrexa de Sant Esteve

Granollers é un municipio e cidade española, pertencente á provincia de Barcelona, en Cataluña. É a capital e localidade máis poboada da comarca do Vallès Oriental.

Granollers vive do comercio e das industrias, pero na parte sur do termo, a paraxe de Palou aínda conserva zonas agrícolas.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2008
7.419 12.699 15.480 30.066 45.300 52.423 59.691

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

A Porxada

A Porxada, edificio renacentista que servía de lonxa de gran, é o edificio máis emblemático de Granollers. Terminouse de construír entre os anos 1586 e 1587 a partir dun proxecto que encargara o Consello da Vila ao mestre Bartomeu Brufalt. O edificio ten unhas dimensións de 24 metros de longo por 15,65 de ancho e está formado por 15 columnas de orde toscano que soportan un tellado de catro vertentes. foi restaurado en varias ocasións.

Na rúa do Corró atopamos o antigo hospital de San Domingo, agora sala Francesc Tarafa, un exemplo de arquitectura gótica restaurada.

Destacan tamén a igrexa de Sant Esteve e a casa do concello.

Festividades[editar | editar a fonte]

A Festa Maior de Granollers empeza o último xoves do mes de agosto e celébrase ao longo dunha semana. Baséase na recuperación dunha antiga aposta feita na cidade no ano 1897, onde dous artesáns do ladrillo, os señores Rayo e o herdeiro de Maynou dividiron a cidade competindo para ver quen era capaz de facer máis ladrillos nunha hora. Esta anécdota converteuse, anos despois na Festa Maior Branca e Azul, onde os protagonistas son os cidadáns divididos en dous grupos: os blancs (brancos) e os blaus (azuis). Estas agrupacións organizan actividades e competicións para animar a festa de Granollers e despedir o verán. Actualmente, na festa maior de Granollers fanse varias probas de todo tipo: gastronómicas, competitivas e anecdóticas para que todos, grandes e pequenos, gocen dunha semana chea de aventuras.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Granollers&oldid=4264761"