Gregorio Ordóñez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gregorio Ordóñez
Nome completoGregorio Ordóñez Fenollar
Nacemento21 de xullo de 1958
 Caracas
Falecemento23 de xaneiro de 1995
 Donostia
SoterradoPolloe Cemetery
NacionalidadeEspaña
Educado enUniversidade de Navarra
Ocupaciónpolítico
IrmánsConsuelo Ordóñez
editar datos en Wikidata ]

Gregorio Ordóñez Fenollar, nado en Caracas o 21 de xullo de 1958 e falecido en Donostia o 23 de xaneiro de 1995, foi un político vasco.

Traxectoria política[editar | editar a fonte]

Aínda que naceu en Venezuela, a súa familia instalouse en San Sebastián en 1965 e alí realizou os seus estudos primarios e medios. Licenciouse en Ciencias da Información pola Universidade de Navarra, e logo dunha breve etapa traballando como xornalista, ingresa nas Novas Xeracións de Alianza Popular e, en maio de 1983, con apenas 24 anos, resulta elixido por primeira vez concelleiro en Donostia. Nesa primeira lexislatura asumiu a concellería de Legalidade Urbanística, en 1987 foi concelleiro de Turismo e Festexos e dende 1991 outra vez de Urbanismo, e asemade primeiro tenente de alcalde. Neses tres comicios encabezou a candidatura do Partido Popular e nas tres ocasións accedeu ao goberno logo do pacto co PSOE do alcalde Odón Elorza.

A candidatura de Alianza Popular encabezada por Ordóñez mellorou progresivamente os seus resultados electorais na cidade, despois baixo a denominación de Partido Popular, e conseguiu que, nas eleccións europeas de xuño de 1994 a súa lista fora a máis votada en Donostia.

Escollido como candidato á alcaldía para os comicios de maio de 1995, o 23 de xaneiro de 1995 foi asasinado por un comando de ETA formado por Francisco Javier García Gaztelu, "Txapote" e Juan Ramón Casatorre. Nese momento xantaba nun restaurante da cidade vella donostiarra con algúns compañeiros do concello, entre eles María San Gil.

A súa tumba foi profanada en varias ocasións.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Gregorio_Ordóñez&oldid=4971943"