Guadalupe, Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Rexión de Ultramar de Guadalupe
Région d'Outre-Mer da Guadeloupe
Bandeira de Guadalupe
Escudo de Guadalupe
BandeiraEscudo
Guadeloupe in France.svg
Capital
 • Poboación
Basse-Terre
448 713 (2005)
Cidade máis poboada Basse-Terre
Linguas oficiais Francés
Forma de goberno Departamento de ultramar
Presidente de Francia
Presidente do Consello Rexional
Presidente do Consello Xeral
Emmanuel Macron
Josette Borel-Lincertin
Jacques Gillot
Dependencia de Francia 1635
Superficie Posto 182º
 • Total 1 780 km²
 • % auga Desprezable
 • Total 448 713 hab.
 • Densidade 252,09 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total n/d
 • per cápita n/d
 • Total n/d
 • per cápita n/d
Moeda Euro
IDH n/d
Xentilicio n/d
Fuso horario UTC - 4
 • Horario de verán Non aplica
Dominio de Internet .gp
Prefixo telefónico +590
Prefixo radiofónico n/d
Código ISO 312 / GLP / GP

Guadalupe (en francés Guadeloupe) (palabra derivada do árabe Wad al luben que significa "río escondido") é un pequeno arquipélago das Antillas, no mar Caribe, e que actualmente é un departamento de ultramar de Francia. Atópase a 600 km ao norte das costas de América do Sur e ao sueste da República Dominicana. Antigamente chamábase Karukera, que significaba "a illa das belas augas". Foi descuberta por Cristóbal Colón dándolle o seu actual nome en honra da Virxe Santa María de Guadalupe, orixinaria de Estremadura. Popularmente, na cultura crioula chamase Gwada.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Situado a 16º 17' de latitude Norte e 61º 29' de lonxitude Oeste, o Departamento de Guadalupe é un grupo insular das Pequenas Antillas. Como xa se dixo, as illas reciben o seu nome tras a chegada a elas de Cristóbal Colón na súa segunda viaxe. Tras a longa viaxe cruzando o Océano Atlántico a expedición chegou á Désirade dándolle ese nome debido ao desexo por pisar terra firme dos mariñeiros.

O arquipélago de Guadelupe está formado polas illas seguintes:

  • A Guadelupe propiamente dita que está composta por dúas illas distintas, separadas por un estreito brazo de mar, chamado a Rivière Salée, pero conectados entre elas por dúas pontes. Estas dúas illas son a Basse-Terre (848 km²), a máis grande e montañosa das dúas que é de orixe volcánico e cuxo punto máis alto é o volcán en activo a Soufrière (1467 m) e a segunda, a Grande-Terre (588 km²), de substrato calcáreo, composta por unha chaira árida dentada de costas rochosas e salvages. É na costa sur da Grande-Terre onde se sitúan a maioría de centros turísticos, con praias de area branca e arrecifes coralinos. Esta zona coñécese como a Riviera.
  • La Désirade.
  • Marie-Galante.
  • Les Saintes: 9 illotes, 2 deles habitados, Terre-de-Haut e Terre-de-Bas.
  • Petite Terre.

A Illa de San Bartolomé, ademais da párte norte da illa de Saint-Martin, dependian administrativamente de Guadalupe, a cal sepárase para converterse en Colectividade Territorial en febreiro do 2007. Están situadas máis ao nordés e separadas do resto de Guadalupe por Saint Kitts e Nevis, Montserrat e Antiga e Barbuda.

Historia[editar | editar a fonte]

Cronoloxía[editar | editar a fonte]

  • 3000 a.C.: certa presenza humana da que se atoparon vestixios arqueolóxicos.
  • 330: procedentes da baía do Orinoco, Venezuela, os amerindios arauacos colonizan as illas. Os arauacos eran un pobo pacífico que vivía da pesca e da agricultura.
  • século VIII:, os indios do caribe invaden a illa. Pobo guerreiro, deciman aos arauacos. Eles rebautizaron a illa co nome de Karukera, a illa da belas augas.
  • 1493: o 14 de novembro, Guadalupe é descuberta por Cristóbal Colón na súa segunda viaxe a América.
  • 1635: os franceses desembarcan na illa en Pointe Allègre e inician unha guerra contras os indios caribes, tomando posesión da illa o 28 de xuño. Os exploradores foran enviados pola Compañía das Indias, organización mercantil creada polo Cardeal Richelieu. Decimáronse aos indios caribeños despois do fracaso das súas tentativas para explotalos e levaron a escravos africanos introducindo a cana de azucre, principal recurso económico de Guadalupe.
  • 1643 - 1664: Charles Houël é nomeado gobernador de Guadeloupe. Funda a vila de Basse-Terre e cómpralle a illa á Compagnie des îles d'Amérique. Luís XIV de Francia lle concede o título de Marques de Guadeloupe. É nesta época cando a economía oriéntase cara á cultura da cana de azucre e tráense os primeiros escravos africanos para satisfacer as necesidades de man de obra xa que os indios caribes foron decimados nun intento de esclavizarlos.
  • 1648: os franceses ocupan as illas de San Martiño e de Saint-Barthélemy.
  • 1674: a Compagnie disólvese e a illa pasa ao poder real e convértese en colonia do reino.
  • 1685: proclámase o Code Noir que rexerá a escravitude nas colonias francesas.
  • 1717: os colonos rebeláronse contra o poder real.
  • 1725: sublevación de escravos.
  • 1759 - 1763: durante a Guerra dos Sete Anos contra Inglaterra, esta ocupou a illa fundando o porto de Pointe-à-Pitre.
  • 1763: asínase un acordo en París por medio do cal púxose fin á guerra. Guadalupe e Martinica son devoltas a Francia.
  • 1775: a illa obtén a súa autonomía xunto con Martinica.
  • 1794: é abolida a escravitude durante a Revolución Francesa.
  • 1802: o xeneral Richepance restableceu a escravitude por orde de Napoleón Bonaparte e reprimiu a sublevación de Delgrès.
  • 1848: o 27 de abril, a proposición de Victor Schoelcher para abolir a escravitude é aceptada e asinada. A partir deste momento tráense ás illas traballadores provintes da India e doutras rexións de Asia.
  • 1871: Guadelupe comeza a estar representada no Parlamento Francés e Hégésippe Légitimus foi o seu primeiro deputado.
  • 1946: o 19 de marzo, Guadalupe deixa de ser unha colonia e convértese en departamento de ultramar da República Francesa.
  • 2007: o 22 de febreiro, As illas de San Martiño e Saint-Barthélemy segréganse de Guadalupe para converterse en colectividade territorial da República Francesa.

Organización político-administrativa[editar | editar a fonte]

Guadalupe é ao mesmo tempo unha rexión administrativa e un departamento de ultramar da República Francesa cuxa prefectura é Basse-Terre e cuxas sub-prefecturas son Pointe-à-Pitre, Saint-Martin e Saint-Barthélemy. Como tal, é unha rexión ultraperiférica da Unión Europea. Está representada por catro deputados na Asemblea Nacional de Francia, e tres senadores no Senado.

En 2003 propúxose a fusión das institucións rexionais e departamentais nun novo modo de orgranización. Esta proposición foi rexeitada por referendo. Con todo, as illas de Saint-Barthélemy e de Saint-Martin aceptaron a reforma, que propuña facer de cada unha delas unha colectividade territorial distinta de Guadaloupe. Estas dúas illas non estarán máis unidas a Guadaloupe cando a reforma póñase en funcionamento, a cal fíxose efectiva o 22 de Febreiro do 2007.

Existen varios partidos políticos, Guadeloupe Unie Socialisme and Réalités, Federación Guadalupana do Partido Socialista, Federación Guadalupana polo encontro da República, Federación Guadalupana pola Unión pola Democracia Francesa, Partido Comunista Guadalupano, Partido Democrático Guadalupano, Unión Popular pola Liberación da Guadalupe e a Alianza Revolucionaria Caribe, sendo os tres últimos mencionados os que claman pola independencia da illa.

Guadeloupe map.png

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución da poboación de Guadalupe entre 1961 e 2003.

A poboación de Guadalupe, amplamente mestizada, é o produto do encontro dos amerindios, europeos, africanos e hindúes, que xuntos elaboraron no curso do tempo unha cultura chamada criolla.

Economía[editar | editar a fonte]

A economía da Guadalupe depende do turismo e da agricultura principalmente. O seu PIB por habitante equivale á metade do de Francia metropolitana. Por iso Guadalupe benefíciase dos fondos estruturais que outorga a Unión Europea ás zonas económicas menos favorecidas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Guadalupe,_Francia&oldid=4748150"