Guerras mitridáticas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

As guerras mitridáticas foron tres enfrontamentos militares entre a República romana e o Ponto no século -I. Denomínanse así por Mitrídates VI, quen foi rei do Ponto naquela época e un famoso inimigo de Roma.

  • A primeira guerra mitridática tivo lugar entre os anos -88 e -84. As lexións romanas estiveron baixo o mando de Lucio Cornelio Sila. As batallas máis importantes incluíron a de Queronea (-86) e a de Orcómenos en -86. A guerra concluíu coa vitoria de Roma e a sinatura do tratado de Dárdanos.
  • A segunda guerra mitridática tivo lugar entre os anos -83 e -81. Os exércitos romanos foron comandados por Lucio Licinio Murena. A guerra chegou ó seu fin de maneira sen que houbese un vencedor claro tras a derrota romana e a retirada por orde de Sila.

A forza do reino do Ponto foi destruída e Roma afirmou o seu poder sobre Anatolia.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Guerras_mitridáticas&oldid=4742222"