Guillaume Apollinaire

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Guillaume Apollinaire
Guillaume Apollinaire 1914.jpg
A musa inspirando o poeta, pintura de Henri Rousseau (c. 1909)
Nome completoWilhelm Albert Włodzimierz Apollinaris de Wąż-Kostrowicky
Nacemento26 de agosto de 1880
 Roma
Falecemento9 de novembro de 1918
 París
CausaGripe de 1918
SoterradoCemiterio do Père-Lachaise
NacionalidadeImperio Ruso e Francia
EtniaPobo italiano
Educado enUniversidade Harvard
Ocupaciónpoeta, escritor, dramaturgo, crítico de arte, autor de diarios, censor, contacontos e correspondent
CónxuxeAmélia Kolb
PremiosMort pour la France
Guillaume Apollinaire signature.svg
editar datos en Wikidata ]
Guillaume Apollinaire (esquerda) e André Rouveyre, en 1914.

Wilhelm Albert Vladimir Apollinaris de Kostrowitzky, coñecido como Guillaume Apollinaire, nado en Roma o 26 de agosto de 1880 e finado en París o 9 de novembro de 1918, foi un escritor e crítico de arte francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dunha condesa polaca, dende 1902 foi un dos membros máis populares do barrio artístico parisino de Montparnasse, tivo por amigos e colaboradores a Pablo Picasso, Max Jacob, André Salmon, Marie Laurencin, André Derain, Blaise Cendrars, Pierre Reverdy, Jean Cocteau, Erik Satie, Ossip Zadkine e Marcel Duchamp.

En 1909 publicou o seu primeiro libro O encantador en putrefacción, baseado na lenda de Merlín e Viviana. Os seus poemarios, O bestiario ou o cortexo de Orfeo (1911) e Alcoois (1913) reflicten a influencia do simbolismo, con importantes innovacións formais; nese mesmo ano apareceu o ensaio crítico Os pintores cubistas, defensa do novo movemento como superación do realismo. No 1916 publicou o libro de relatos O poeta asasinado.

Alistouse como voluntario en 1914 no exército francés, combatendo na Primeira guerra mundial. Foi ferido de gravidade na cabeza en 1916, morrendo dous anos despois, vítima da gripe española.

Obra traducida ao galego[editar | editar a fonte]

  • O bestiario ou cortexo de Orfeo (Le Bestiaire ou Cortège d'Orphée), trad. Pablo Seoane (Positivas, 2016)
  • O poeta asasinado (Le poète assassiné), trad. Alberte Allegue Leira (Laiovento, 1999)
  • As Mameiras de Tiresias (Les Mamelles de Tirésias), trad. Xesús González Gómez (Laiovento, col. Teatro, 2007)
  • As once mil vergas (Les onze milles verges ou les amours d'un hospodar), trad. Ana Castiñeira Real e Xosé Antón López Dobao (Positivas, col. Popular, 1992)
  • Apollinaire: poesías (Oeuvres poétiques), trad. José Antonio Loira Nieto e Santiago Martínez García (Editorial Tris Tram, col. Poesía de peto, 2002)[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Guillaume_Apollinaire&oldid=4865236"