Guillerme IX de Aquitania

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Guillerme IX de Aquitania
William IX of Aquitaine - BN MS fr 12473.jpg
Nacemento22 de outubro de 1071
 valor descoñecido
Falecemento11 de febreiro de 1127
 Poitiers
NacionalidadeFrancia
OcupaciónTrobador, poeta, escritor e compositor
PaiGuilherme VIII, Duque da Aquitânia
NaiHildegarda da Borgonha
CónxuxeErmengarde of Anjou e Filipa, Condessa de Toulouse
FillosAgnes of Aquitaine, Queen of Aragon, Guillerme X, duque de Aquitania, Henry of Poitiers e Raimundo de Poitiers
IrmánsAgnes of Aquitaine, Queen of Aragon and Navarre, Beatrix of Poitiers e Agnes of Aquitaine, Queen of León and Castile
editar datos en Wikidata ]

Guillerme de Poitiers (en occitano: Guilhem de Peiteus), coñecido tamén como Guillerme IX de Aquitania ou Guillerme o Trobador (en francés: Guillaume le Troubadour), nado o 22 de outubro de 1071 e finado o 10 de febreiro de 1126, foi un nobre francés, noveno duque de Aquitania, sétimo conde de Poitiers e primeiro dos trobadores en lingua provenzal do que se ten noticia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en 1071, fillo de Guillerme VIII de Aquitania e da súa terceira esposa, Audéarde de Borgoña, filla do duque Roberto I de Borgoña. Cando faleceu o seu pai en 1086, herdou uns dominios máis extensos que os do propio rei de Francia, de quen era nominalmente vasalo. Nos anos 1101 e 1102, participou tardiamente na Primeira Cruzada trala caída de Xerusalén. Sostivo varias guerras contra os condes de Tolosa. Foi excomungado en dúas ocasións, unha delas por abandonar á súa esposa lexítima e arrebatarlle á forza a muller a súa vasallo o vizconde de Châtellerault. Entre 1120 e 1123 combateu xunto a Afonso I o Batallador, o seu concuñado, para tentar arrebatar ós musulmáns o reino de Valencia. O vínculo de Guillerme o Trobador e Afonso o Batallador é dobre. Dunha parte, Inés de Aquitania (irmá de Guillerme o Trobador) casou con Pedro I de Aragón, o cal faleceu sen descendencia masculina, herdando os seus reinos o seu irmán Afonso o Batallador. Doutra, porque á morte do Batallador, que faleceu sen descendencia, herdou os seus reinos o seu irmán Ramiro II o Monxe, o cal casou con Inés de Poitou, filla de Guillerme o Trobador. Por iso é polo que o Trobador resultou cuñado de Pedro I de Aragón e concuñado dos seus irmáns, Afonso o Batallador e Ramiro o Monxe.

Descendencia[editar | editar a fonte]

Do seu matrimonio con Filipa de Tolosa tivo os seguintes fillos:

Obra literaria[editar | editar a fonte]

Guillerme de Aquitania é o primeiro poeta de nome coñecido nas literaturas románicas. Consérvanse 11 poemas seus, nos que a temática amorosa é tratada ás veces con gran crueza: autodenominábase «trichador de dòmnas», alardeaba das súas proezas sexuais e moitos dos seus poemas están adicados á súa amante, Maubergeonne, á que chama a Perigosa. Noutra composición, pide ós seus cabaleiros que o axuden a escoller cabalo:

Cabaleiros, aconselládeme nesta dúbida:
-nunca escoller me foi tan difícil-:
Non sei se quedar coa (dama) Agnes ou coa (dama) Arsen)
Cavalier, datz mi cosselh d'un pessamen:
-Anc mays no fuy issaratz de cauzimen- :
Res non sai ab qual me tengua, de n'Agnes o de n'Arsen.

Noutros poemas, amosa unha sensibilidade moi diferente:[1]

Coa dozura da primavera
ferven os bosques e os paxaros cantan
cada un no seu latín
segundo o ritmo do novo canto:
así convén que cada un se alegre
no que máis desexa.
Ab la doussor del temps novel
folhon li bosc e li auzel
chanton chascus en lor lati
segon lo vers del novel chan:
adonc esta ben qu'om s'aizi
d'aisso dont om a plus talan.)

Acolleu na súa corte ó bardo galés Blédri ap Davidor, quen introduciu nas literaturas románicas a lenda celta de Tristán e Isolda.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Biographies des troubadours ed. J. Boutière, A.-H. Schutz (París: Nizet, 1964) pp. 7–8, 585-587.
  • Bond, Gerald A., ed., transl. intro. The Poetry of William VII, Count of Poitier, IX Duke of Aquitaine, (Garland Publishing Co.:New York) 1982
  • Duisit, Brice. Las Cansos del Coms de Peitieus (CD), Alpha 505, 2003
  • Harvey, Ruth E. The wives of the 'first troubadour', Duke William IX of Aquitaine (Journal of Medieval History), 1993
  • Meade, Marion. Eleanor of Aquitaine, 1991
  • Merwin, W.S. Sir Gawain and the Green Knight, 2002. pp xv-xvi. New York: Alfred A. Knopf. ISBN 0-375-41476-2.
  • Owen, D.D.R. Eleanor of Aquitaine: Queen and Legend
  • Parsons, John Carmi. Eleanor of Aquitaine: Lord and Lady, 2002
  • Pasero, Nicolò, ed.: Guglielmo IX d'Aquitania, Poesie. 1973
  • Verdon, J. La chronique de Saint Maixent, 1979.
  • Waddell, Helen. The Wandering Scholars: the Life and Art of the Lyric Poets of the Latin Middle Ages, 1955
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Guillerme_IX_de_Aquitania&oldid=4944723"