Guillerme I de Borgoña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Guillerme I de Borgoña
Guillaume le Grand.jpg
Nacemento1020
 valor descoñecido
Falecemento12 de novembro de 1087
 Besançon
SoterradoCatedral de San Xoán de Besançon
Ocupaciónaristócrata
PaiReinaldo I de Borgonha
NaiAlice da Normandia
CónxuxeEstefanía de Borgoña
FillosReinaldo II, Conde da Borgonha, Estevo I de Borgoña, Raimundo de Borgoña, Calisto II, Sibylla of Burgundy, Duchess of Burgundy, Gisela da Borgonha, Clementia of Burgundy, Ermentrud of Burgundy, sen etiquetar, Hugues III de Bourgogne e Bertha of Tuscany
IrmánsGuy of Brionne e Alberada of Buonalbergo
editar datos en Wikidata ]

Guillerme I de Borgoña "O Grande" ou "O Imprudente", nado no Franco Condado no 1020 e finado en Besançon no ano 1087, foi conde de Borgoña e Mâcon desde 1057 até 1087. A súa descendencia estivo entre unha das máis coñecidas da Europa do seu tempo chegando a ter un fillo papa. Faleceu na cidade de Besançon e atópase sepultado na Catedral de San Xoán nesta mesma cidade. O ano de 1057, sucedeu ao seu pai reinando sobre os territorios con maior extensión do que os territorios do Franco Condado.

Familia e descendencia[editar | editar a fonte]

Foi fillo de Reinaldo I de Borgoña (990 - 3 de setembro de 1057) e de Adelaida da Normandía (990 -?), filla de Ricardo II da Normandía (970 - 28 de agosto de 1027) e de Judith de Bretaña (980 -?).

Casou con Estefanía de Longwy tamén coñecida como Étiennette de Longwy, filla de Adalberto, Duque da Lorena (?- 1048) e de Clemencia de Foix (1015 -?) de quen tivo:

  • Reinaldo II de Borgoña (? - 1097) casado con Rexina d'Oltigen, foi sucesor do seu pai á cabeza dos destinos do condado, faleceu na Primeira Cruzada.
  • Estevo I de Borgoña, sucesor de Reinaldo II. Estevo morreu na Guerra Santa durante a Cruzada de 1101.
  • Raimundo de Borgoña, casado en 1090 coa princesa Urraca, foi conde Galiza, aspirando ao seu trono.
  • Guildo de Viena, electo Papa en 1119 como abade de Cluny, co nome de Calisto II.
  • Sibila (1065 - 1101), casada en 1080 con Odo I, Duque da Borgoña.
  • Xisela, casada en 1090 con Humberto II de Savoia e despois con Renier I de Montferrat.
  • Adelaida.
  • Berta.
  • Eudes.
  • Hugo III, arcebispo de Besançon.
  • Clemencia, casada con Roberto II da Flandres, conde de Flandres, foi rexente da Flandres durante a ausencia do marido.
  • Estefanía.
  • Ermentrude, casada en 1065 con Thierry I de Montbéliard.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • LE HÊTE, Thierry (1995): Les Comtes Palatins de Bourgogne, 1ª Ed., La Bonneville-sur-Iton, páx. 44.
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Guillerme_I_de_Borgoña&oldid=4958249"