Guinea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 11°N 10°O / 11, -10

República da Guinea
République de Guinée
Bandeira da Guinea
Escudo da Guinea
BandeiraEscudo
Guinea (orthographic projection).svg
Lema: Travail - Justice - Solidarité
Trabajo - Justicia - Solidaridad
Himno: Liberté
Capital
 • Poboación
Conakry
2 000 000 (2002)
Cidade máis poboadaConakry
Lingua oficialFrancés1
Forma de gobernoRepública gobernada por unha Xunta militar
Presidente
Primeiro ministro
Alpha Condé
Ibrahima Kassory Fofana
Independencia de Francia2 de outubro de 1958
SuperficiePosto 77º
 • Total245 857 km²
Fronteiras3 399 km
Costas320 km
PoboaciónPosto 84º
 • Total9 452 670 hab.
 • Densidade38,5 hab./km²
PIB (nominal)
 • Totaln/d
 • per cápitan/d
PIB (PPA)Posto 113º
 • Total (2005)18 945 000 000 US$
 • per cápita1 986 US$
MoedaFranco guineano (GNF)
IDH (2007)0,456 (160º) – Baixo
XentilicioGuineano, guineana[1]
Fuso horarioGMT
 • Horario de veránNon aplica
Dominio de Internet.gn
Prefixo telefónico+224
Prefixo radiofónico3XA-3XZ
Código ISO324 / GIN / GN
Membro de: ONU
1 Tamén se fala fula, kissi, kpelle, Maninkakan, Susu e Loma.

A Guinea,[1] oficialmente República da Guinea (en francés: République de Guinée), é un país da África Occidental, limitado a norte pola Guinea-Bissau e polo Senegal, a norte e leste polo Malí, a leste pola Costa do Marfil, a sur pola Liberia e pola Serra Leoa e a oeste polo Océano Atlántico. A súa capital é Conakry.

Historia[editar | editar a fonte]

En parte do que é agora a Guinea, moitos imperios xurdiron e caeron. Entre eles o Imperio de Malí creado por Sundiata Keita, quen derrotou ao rei dos Sosso, Soumaoro Kanté na batalla de Kirina en 1235, coa cal terminou o Imperio Sosso.

O Imperio de Malí comprendía partes do área norte da Guinea que foi gobernada por mansa (emperadores). O máis famoso foi Kankan Musa I, que fixo unha famosa peregrinación cara a A Meca en 1324. O Imperio de Malí caeu presa dos invasores almorávidas que viñan do norte de África, que estableceu o Imperio Songhai, o cal caeu a mans dos marroquís en 1591.

Os musulmáns fulani migraron a Fouta Djalon na Guinea Central e estableceron un estado islámico de 1735 ata 1898 cunha constitución escrita e gobernadores alternados.

Os aventureiros europeos comezaron o comercio de escravos na rexión costeira da Guinea desde o século XVI ata o século XIX.

A actual Guinea foi creada como colonia por Francia en 1890 con Noël Balley, sendo o primeiro gobernador. A capital, Conakry, foi fundada na illa Tombo en 1890. En 1895 o país incorporouse á África Occidental Francesa.

Independente de Francia desde 1958, a Guinea non tivo eleccións democráticas ata 1993, cando o xeneral Lansana Conté (xefe do goberno militar) foi elixido presidente nunha votación. As supresións da seguridade continúan, aínda que non tan severas como nas primeiras décadas. Reelixido en 1998, o presidente enfrontouse á crecente crítica en 1999 polo seu encarceramento dun principal líder da oposición e o extenso malestar económico. As desordes en Serra Leoa tamén continuaron ameazando a estabilidade da Guinea.

En 2008, á morte de Lansana Conté, tomou o poder Moussa Dadis Camara, que ten como primeiro ministro a Cellou Dalein Diallo.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Pódense diferenciar catro zonas xeográficas:

  • a zona costeira, a Baixa Guinea (ou Guinea marítima);
  • a zona montañosa, a Guinea Central, na que se comprende o macizo do Fouta Djalon, que acada unha altura media de 900 metros, e que se estende por algúns países veciños;
  • a zona de sabana no Norte, ou Alta Guinea;
  • a zona boscosa do sueste, ou Guinea Forestal, dominada polas chuvias.

Estas catro zonas, ás veces denominadas "rexións naturais", non se corresponden coas rexións administrativas.

Hidrografía e orografía[editar | editar a fonte]

Guinée

O país ten 320 km de costa, na que con frecuencia medran mangleiros. Abundan as augas interiores: vinte e dous grandes ríos da África Occidental nacen na Guinea, sendo o Fouta Djalon o gran centro difusor. Entre eses ríos salientan o Níxer, o Senegal e o Gambia. As montañas máis elevadas son interiores, no confín fronteirizo con Costa do Marfil e Liberia, érguese a maior elevación do país o Monte Nimba, con 1.764 metros.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía da Guinea.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para guineano.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Guinea&oldid=5079109"