Gumersindo Buján Buján

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gumersindo Buján Buján
Nacemento1850
 Ribadavia
Falecemento4 de decembro de 1911
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado e xuíz
editar datos en Wikidata ]

Gumersindo Buján Buján, nado en Ribadavia e finado en Barcelona o 4 de decembro de 1911[1], foi un avogado e xuíz galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi xuíz de Primeira Instancia e Instrución de Corcubión (1886), Viana do Bolo (1887), Celanova (1893), Tui (1897) e Vigo (1898). Interveu como xuíz especial na causa que se seguiu polo asasinato de Domingo Barja, alcalde e cacique de Laza, en 1900. En 1901 foi tenente fiscal da Audiencia de Ourense e presentouse ás eleccións para deputado a Cortes polo distrito de Ribadavia, pero foi derrotado por Adolfo Merelles Caula. Como fiscal da Audiencia de Ourense interveu nos conflitos campesiños da comarca de Valdeorras. Despois foi maxistrado da Audiencia de Salamanca e Barcelona.

Foi un teórico das institucións xurídicas galegas. Publicou as súas opinións sobre os foros no folleto Redención forzosa de los foros al dominio directo que apareceu en El Miño en 1900. A súa obra fundamental é De la propiedad y los foros. Estudio jurídico-social (1902), na que sinala un camiño específico para acabar cos foros.

Obras[editar | editar a fonte]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Contemplación Pérez L. Millán e foi pai de Antonio Buján Pérez.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Noticia en Diario de Reus, 5-12-1911, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Gumersindo_Buján_Buján&oldid=4641332"