Héctor Cajaraville

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Héctor Cajaraville
Héctor Cajaraville Araújo.jpg
Nacemento5 de outubro de 1974
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]

Héctor Cajaraville Araújo, nado en Santiago de Compostela o 5 de outubro de 1974, é un profesor e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela (1996), desenvolveu a súa actividade profesional como responsable de prensa da Asociación Galega de Cooperativas Agrarias, a Universidade de Santiago de Compostela (campus de Lugo) e o Concello de Santiago, así como nos diarios galegos La Voz de Galicia e De Luns a Venres.

Nos anos académicos 2009/2010 e 2010/2011, respectivamente, cursou os másters en Lingüística Galega e Edición da Universidade de Santiago de Compostela e reorientou a súa actividade cara ao ámbito editorial.[1]

En xullo de 2018 aprobou a oposición de profesorado de secundaria na materia de Lingua e Literatura Galega.[2]

Obras literarias[editar | editar a fonte]

Presentación do libro Denébola a Roxa na feira do libro da Coruña en 2017.

Traballos académicos[editar | editar a fonte]

Presentación de Héctor Cajaraville do libro Denébola a Roxa na feira do libro da Coruña en 2017.
  • «A manipulación das expresións fixas na prensa gratuíta: De Luns a Venres» (2010). En Cadernos de fraseoloxía galega, 12. Centro de Investigacións Ramón Piñeiro / Xunta de Galicia. ISSN 1698-7861, pp. 41–68. Traballo dirixido por María Álvarez de la Granja.
  • «Ondas e mareas: palabras que van e veñen» (2011). En Cadernos de Lingua, 32. Real Academia Galega. ISSN 1130-5294, pp. 81–136. Traballo dirixido por Francisco Fernández Rei.
  • Dicionario Xerais de Secundaria e Bacharelato (Ed. Xerais, 2014; ISBN 978-84-9914-734-5). Volume coordinado por Xosé Cid Cabido.
  • Os xogos de palabras na prensa gratuíta en galego: De Luns a Venres (2015). Instituto da Lingua Galega - Universidade de Santiago de Compostela. Colección «Limiar», nº 2. ISBN 978-84-16-18389-0. Colección dirixida por Ernesto González Seoane.
  • «Os primeiros artigos xornalísticos de Carlos Casares (La Región, 1968-1974)» (2017). En Cadernos Ramón Piñeiro XXXVII. Carlos Casares: homenaxe. De amicitia. ISBN 978-84-453-5258-8, pp. 63–80. Volume coordinado por Luís Cochón, Luís Alonso Girgado e Laura Piñeiro Pais.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Traducións[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio Antón Losada Diéguez de Creación Literaria 2019 (Concellos do Carballiño e Boborás) por Nova Nursia.[7]
  • Finalista na IV Gala do Libro Galego 2019
  • Premio Merlín de Literatura Infantil 2018, por Kusuma. Segundo o xurado, é "unha fermosa fábula ecoloxista protagonizada por unha faisán asiática obrigada a fuxir da agresividade do mundo industrializado".[8][9].
  • Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2016 (Baía Edicións) por Denébola a Roxa.
  • Premio Ánxel Fole de Narrativa Curta 2016 (Concello de Lugo) por Once portas.
  • Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil 2015 (Deputación da Coruña) por Vidas cruzadas (publicada finalmente baixo o título A caixiña dos rancores).
  • Finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil 2015 por Quen dá a quenda?
  • Premio Xerais 2015 por De remate.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Héctor_Cajaraville&oldid=5177415"