Hercules (constelación)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Hércules (constelación)")
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Hercules
Hercules
Nome latino Hercules
Abreviatura Her
Xenitivo Herculis
Simboloxía Hércules, o heroe
Ascensión recta 17 h
Declinación 30°
Área 1225 graos cadrados

Rango 5º

Número de estrelas

(magnitude < 3)

0
Estrela máis brillante β Her

(magnitude ap. 2.8)

Choiva de meteoros
  • Tau Herculidas
Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +90° e −50°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de xullo

Hércules[1] é a quinta constelación en tamaño das 88 constelacións modernas, que recibe o seu nome do heroe mitolóxico, Hércules. Tamén era unha das 48 constelacións de Tolomeo.

Características destacables[editar | editar a fonte]

Non ten estrelas de primeira magnitude, sendo a máis brillante β Herculis con magnitude 2,78. Mu Herculis atopase a 27,4 anos luz da Terra. O Ápex solar (punto do ceo que indica a dirección cara á que se move o Sol na súa órbita ó redor do centro da galaxia) fica dentro de Hércules, preto de ξ Herculis.

Estrelas principais[editar | editar a fonte]

  • α Herculis (Ras Algethi ou Rasalgethi), de magnitude 3,31, é un sistema estelar triplo, onde a súa estrela principal é unha xigante vermella variable.
  • β Herculis (Kornephoros), a máis brillante da constelación con magnitude 2,78, unha estrela xigante amarela.
  • γ Herculis, xigante branca de magnitude 3,74. É unha binaria espectroscópica cun período orbital de 11,9 días.
  • δ Herculis (Sarin), estrela branca de magnitude 3,12.
  • ζ Herculis, a segunda máis brillante da constelación con magnitude 2,89, estrela dobre formada por dúas estrelas amarelas de desigual brillo.
  • μ Herculis, sistema estelar próximo á Terra, dista a uns 27,4 anos luz.
  • π Herculis, xigante laranxa de magnitude 3,16.
  • ω Herculis (Kajam), de magnitude 4,57.
  • 14 Herculis, anana laranxa a 59,2 anos luz cunha anana marrón ou planeta xigante ó redor. No 2006 descubriuse un posible segundo planeta, pero aínda non foi confirmado.
  • 30 Herculis (g Herculis), xigante vermella e variable semirregular cun brillo que oscila entre magnitude 4,3 e 6,3 nun ciclo de 89,2 días.
  • 89 Herculis, superxigante amarela de magnitude 5,48.
  • HD 147506, anana amarela cun dos planetas máis masivos que se coñecen.
  • HD 149026, estrela subxigante cun planeta de masa semellante á de Saturno.
  • HD 154345, anana amarela a 58,91 anos luz cun planeta extrasolar.
  • HD 155358, estrela de baixa metalicidade con dous planetas que interactúan gravitacionalmente.
  • GD 362, anana branca cun anel semellante ós de Saturno.

Obxectos notables do espazo profundo[editar | editar a fonte]

Hércules contén dous dos máis sobresaíntes cúmulos globulares, M13 e M92.

  • M 13 (NGC 6205 ou Gran Cúmulo de Hércules), o cúmulo globular máis brillante do hemisferio norte. Situado entre ζ Herculis e η Herculis, a súa magnitude visual conxunta é de 5,80. O cúmulo está bastante próximo á Terra, a uns 25.100 anos luz. As estrelas variables de M13 poden ser observadas cun telescopios de afeccionado (20 a 30 cm) equipados con cámaras CCD.
  • M 92, tamén un magnífico cúmulo globular de magnitude 6,5, atopase a 6º20' ó norte de π Herculis.
  • NGC 6207, galaxia espiral situada 30' ó nordeste de M13.
  • NGC 6181, tamén galaxia espiral ó sur de Kornephoros (β Herculis).
  • NGC 6482, unha galaxia elíptica de magnitude 11,9.
  • NGC 6210, nebulosa planetaria situada 4º ó nordeste de Kornephoros (β Herculis).
  • Abell 39, nebulosa planetaria cunha forma esférica case perfecta.

Mitoloxía[editar | editar a fonte]

Hércules (na mitoloxía romana, Heracles na mitoloxía grega) foi un semideus, fillo de Zeus e Alcmena. Sen dúbida algunha foi o heroe máis importante dos gregos, coñecido pola súa forza sobrehumana. Existen moitas lendas sobre a súa vida, incluíndo o relato das doce tarefas de Hércules.

Tamén era coñecida esta constelación coma o axeonllado, e Eratóstenes dicía que nela Heracles estaba esmagando cun dos seus xeonllos á serpe que gardaba as mazás das Hespérides.

Higino mencionaba outras posibles personaxes cós que podería identificarse ó axeonllado: Ceteo, o músico Tamiris cegado polas Musas, Orfeo morrendo a mans das mulleres de Tracia, Ixión cós brazos atados, Prometeo encadeado, Hércules loitando cós Ligures ou Teseo levantando a pedra baixo a que estaba a espada do seu pai Egeo.

Visualización alternativa[editar | editar a fonte]

Diagrama do xeito alternativo de conecta-las estrelas de Hércules. O heroe é representado nunha pose atlética, sostendo un garrote.

A cabeza do heroe ven formada por un cuadrángulo de estrelas: π Her, η Her, ζ Her e ε Her coñecidas coma o asterismo "Chave de Pedra". Este cuadrángulo está entre dúas estrelas moi brillantes: Vega na constelación de Lyra e α CrB (Gemma, ou Alphecca) na constelación de Corona Borealis. É o gran guerreiro de Kiaish. A perna dereita do heroe dúas estrelas brillantes de terceira magnitude: α Her (Ras Algethi) e δ Her (Sarin). A última é o xeonllo dereito. A perna esquerda contén estrelas máis febles de cuarta magnitude que non teñen designación de Bayer pero si teñen designación de Flamsteed.

A estrela β Her pertence á man dereita estendida do heroe, chamada tamén Kornephoros.

O Cúmulo Globular M13 queda na parte superior da cabeza do heroe, entre as estrelas η Her e ζ Her. É feble, pero pode ser visto a simple vista nunha noite clara. Tamén está o cúmulo globular M92. A orientación tradicional auténtica e coa cabeza coma α Herculis, por que Ras Algethi significa literalmente "cabeza do axeonllado." A man esquerda apunta cara a Lyra dende ó seu ombreiro (Delta Herculis), e Beta Herculis forma o seu outro ombreiro. A súa estreita cintura ben formada por Epsilon e Zeta Herculis. Finalmente, a súa perna esquerda (con Theta coma xeonllo e Iota coma pé) está esmagando a cabeza de Draco, o dragón/serpe que Hércules venceu e sobre a que fai fachenda por toda a eternidade.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Imaxe de Hércules ou Heracles.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Hercules_(constelación)&oldid=4857306"