H.G. Wells

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
H.G. Wells
H.G. Wells by Beresford.jpg
H.G. Wells (1920), por George Charles Beresford.
Nome completoHerbert George Wells
Nacemento21 de setembro de 1866
 Bromley, Kent, Inglaterra Inglaterra
Falecemento13 de agosto de 1946 (79 anos)
 Regent's Park, Londres, Inglaterra Inglaterra
Causaliver tumor
NacionalidadeReino Unido
EtniaPobo inglés
Alma máterRoyal College of Science, Imperial School of Jurisprudence e Universidade de Londres
Ocupaciónescritor, historiador, xornalista, Idist, escritor de ciencia ficción e novelista
PaiJoseph Wells
CónxuxeIsabel Mary Wells (1891–1894, divorciados)
Amy Catherine Robbins (1895–1927, a súa morte)
FillosGeorge Phillip "G. P." Wells (1901–1985)
Frank Richard Wells (1903–1982)
Anna-Jane Kennard (1909-2010)
Anthony West (1914–1987)
XénerosNovela, historia, política, libros de texto
Coñecido/a porThe Outline of History, A máquina do tempo, O home invisible, A illa do doutor Moreau, A guerra dos mundos, The First Men in the Moon, The Shape of Things to Come, Marriage e The Soul of a Bishop
EstudosBioloxía no Royal College of Science (Imperial College London)
PremiosScience Fiction and Fantasy Hall of Fame
editar datos en Wikidata ]

Herbert George Wells, máis coñecido como H. G. Wells, nado o 21 de setembro de 1866 e finado o 13 de agosto de 1946, foi un escritor británico.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Bromley, hoxe incluído no Gran Londres. Os seus pais eran antigos criados que estableceran un pequeno negocio, ademais o pai xogaba ao críquet profesionalmente. En 1874 como consecuencia dunha fractura dunha perna, Wells tivo que pasar un tempo na cama, durante ese tempo afeccionouse á lectura. En 1877 o seu pai lesionouse e tivo que deixar o críquet, Wells para a axudar á economía familiar empregouse como aprendiz nunha tenda de tecidos. En 1883 logrou un emprego de mestre na Midhurst Grammar school ata que conseguiu unha bolsa de estudos na Escola Normal de Ciencias de Londres, onde estuda bioloxía con T.H. Huxley e participa no debate político achegándose ás posicións socialistas da Sociedade Fabiana, foi un dos fundadores do xornal da súa escola, The Science School Journal. En 1887 perdeu a bolsa ao suspender xeoloxía e marcha a vivir cunha tía súa que ten unha filla, Isabel, coa que Wells casou en 1891, pero en 1894 déixaa por unha alumna súa, Amy Catherine, con quen tivo dous fillos. Ademais Wells tivo relacións coa feminista Margaret Sanger e coas escritoras Amber Reeves e Rebecca West.

Obra[editar | editar a fonte]

Herbert George Wells

En 1888 publica o seu primeiro relato, The Chronic Argonauts, en The Science School Journal, pero foi con The Time Machine (A máguina do tempo) (1895), The Island of Dr. Moreau (A illa do doutor Moreau), The Invisible Man (O home invisible) (1896) e The War of the Worlds (A guerra dos mundos) (1898) cos que acada a popularidade. Con clara influencia de Jules Verne, trata temas que se converterán en clásicos da ciencia ficción como o da fantasía científica, o cuestionamento da propia humanidade ou a invasión extraterrestre. Escribiu tamén unha serie de novelas utópicas como In the Days of the Comet ou The Shape of Things to Come

Listaxe[editar | editar a fonte]

  • A máquina do tempo[1] (The Time Machine, 1895)
  • The Stolen Bacillus and Other Incidents (1895)
  • A illa do doutor Moreau[2] (The Island of Doctor Moreau), 1896)
  • The Wheels of Chance (1896)
  • O home invisible[3] (The Invisible Man, 1897)
  • A guerra dos mundos[4] (The War of the Worlds, 1897)
  • Dos días do porvir[5][6] (A Story of the Days to Come, 1899)
  • When the Sleeper Wakes (1899)
  • Love and Mr. Lewisham (1900)
  • The First Men in the Moon (1901)
  • Mankind in the Making (1903)
  • The Scepticism of the Instrument (1903)
  • The Food of the Gods and How It Came to Earth (1904)
  • Kipps[7] (1905)
  • A Modern Utopia (1905)
  • Nos días do cometa (In the Days of the Comet, 1906)
  • The War in the Air (1908)
  • First and Last Things (1908)
  • Ann Veronica (1909)
  • Tono-Bungay (1909)
  • The History of Mr Polly (1910)
  • The New Machiavelli (1911)
  • The Country of the Blind and Other Stories (1911)
  • The Sleeper Awakes (1911) - Edición revisada de When the Sleeper Wakes
  • Floor Games (1911)
  • Marriage (1912)
  • Little Wars (1913)
  • The World Set Free (1914)
  • The Research Magnificent (1915)
  • God the Invisible King (1917)
  • War and the Future (1917)
  • The Soul of a Bishop (1917)
  • The Outline of History I, II 1920, 1931, 1940 (1949, 1956, 1961, 1971)
  • The Secret Places of the Heart (1922)
  • Men Like Gods (1923)
  • The World of William Clissold (1926)
  • Meanwhile (1927)
  • Mr Blettsworthy on Rampole Island (1928)
  • The Open Conspiracy (1928)
  • The Shape of Things to Come (1933)
  • An Experiment in Autobiography (1934
  • Star-Begotten (1937)
  • Crux Ansata (1943)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A máquina do tempo. Traducido por Raúl Araya (1ª ed.). A Coruña: Toxosoutos. 2002. ISBN 8474660203 – vía BiTraGa. 
  2. A illa do doutor Moreau. Traducido por Onofre Savaté (1ª ed.). Edicións Positivas. 2005. ISBN 84-87783-86-4 – vía BiTraGa. 
  3. O home invisible. Traducido por Francisco Bedoya Díaz. Xerais. 1991 – vía BiTraGa. 
  4. Ficha en BiTraGa. Traducido por Esther Sánchez Rodríguez e Gonzalo Constenla Bergueiro e publicado por Edición Xerais (Col. Xabarín, nº 55) en 1997.
  5. traducido por Alejandro Tobar e publicado pola Editorial Hugin e Munin en 2018.
  6. Salgado, Daniel. Sermos Galiza, ed. "O futurismo crítico de H.G. Wells". Consultado o 4 de abril de 2018. 
  7. Ficha en BITRAGA. Traducido por Celia Recarey e publicado por Irmás Cartoné en 2017.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=H.G._Wells&oldid=5130870"