Hable con ella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Hable con ella (en galego, Fale con ela) é unha película española dirixida e escrita por Pedro Almodóvar no ano 2002. Está protagonizada por Leonor Watling, Javier Cámara, Rosario Flores, Geraldine Chaplin e Darío Grandinetti entre outros.

Gañou o premio Oscar ó mellor guión orixinal en 2002 e o Globo de Ouro á mellor película en lingua non inglesa en 2003.

Entre os temas da película inclúense a dificultade de comunicación entre os sexos, a soidade e intimidade, segredos e infidelidades e a persistencia do amor trala perda.

Argumento[editar | editar a fonte]

Os camiños de Benigno (Javier Cámara) e Marco (Darío Grandinetti) crúzanse cando ambos acoden á mesma actuación de baile, pero finalmente coinciden de novo na clínica privada onde Benigno traballa. Alí está a enfermeira de Alicia (Leonor Watling), unha fermosa estudante de danza que permanece en coma e coa que Benigno comeza a obsesionarse. Marco está na clínica para visitar á súa moza Lydia (Rosario Flores), unha famosa matadora, tamén en coma despois de ser collida por un touro.

Mentres as vidas de Marco e Benigno xiran arredor das das dúas mulleres, a historia contén flashbacks que contan as vidas das catro persoas centrándose nas súas relacións.

Marco deixa a Lydia cando a súa anterior parella lle informa de que eles volveran a estar xuntos un mes antes de que ela sufrise o accidente. Decide marchar de España cara a Xordania, co obxectivo de escribir unha guía turística. Estando alí descobre nun xornal a morte de Lydia.

Mentres, Benigno é acusado de violar a Alicia, da que cre estar namorado - aínda que non se revela se é realmente culpable - está fortemente implicado e é enviado a prisión. Pouco despois inxire unha grande cantidade de pastillas para intentar quedar el tamén en coma e así poder reunirse novamente con Alicia. Porén, o exceso de pastillas acaba coa vida de Benigno.

Ironicamente, Alicia esperta pouco antes do nacemento do fillo froito da violación. Cando o bebé acaba de nacer, Alicia comeza coa rehabilitación para poder volver a camiñar. A película remata con Marco, sentando diante de Alicia, xirándose e sorríndolle, e logo volvéndose cara diante.

Elenco[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Gañados[editar | editar a fonte]

  • Premios Oscar:
  • Asociación de Críticos Cinematográficos da Arxentina ("Silver Condor"): Mellor película estranxeira
  • Premios BAFTA:
    • Mellor película en lingua non inglesa
    • Mellor guión orixinal (Pedro Almodóvar)
  • Festival Internacional de Cine de Bangkok ("Golden Kinnaree Award"): Mellor película e mellor director (Pedro Almodóvar)
  • Premios Bodil: Mellor película non americana
  • Premios Bogey: Mellor película estranxeira
  • Gran Premio BR do Cinema Brasileiro: Mellor película estranxeira
  • Premios do Círculo de Escritores Cinematográficos (España): Mellor música orixinal (Alberto Iglesias)
  • Czech Lions: Mellor película estranxeira
  • César Awards: Mellor película europea
  • European Film Awards: mellor película, mellor director, (Pedro Almodóvar), mellor guión (Pedro Almodóvar)
  • Golden Globe Awards:
    • Mellor película estranxeira
  • Goya Awards (Spain): Mellor música orixinal (Alberto Iglesias)
  • Asociación de Críticos Cinematográficos de Los Angeles: Mellor director (Pedro Almodóvar)
  • Premio Diosa de Plata dos Xornalistas mexicanos ("Silver Goddess"): Mellor película estranxeira
  • National Board of Review: Mellor película estranxeira
  • Russian Guild of Film Critics ("Golden Aries"): Mellor película estranxeira
  • Premios Satellite: Mellor guión (Pedro Almodóvar)
  • Festival Internacional de Cine de Sofía: Audience Award - Best Film
  • Unión de Actores: Mellor actriz secundaria (Mariola Fuentes)
  • Asociación de Críticos Cinematográficos de Uruguai: Mellor película
  • Círculo de Críticos Cinematográficos de Vancouver: Mellor película estranxeira

Nomeamentos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Hable_con_ella&oldid=4981135"