Hanford Site

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Reactores nucleares en liña en Hanford Site xunto ó río Columbia en xaneiro de 1960.

Hanford Site é un complexo de produción nuclear decomisionado, operado polo goberno federal dos Estados Unidos e situado ó carón do río Columbia no estado de Washington. O sitio recibiu diversos nomes, incluíndo Proxecto Hanford, Hanford Works, Hanford Engineer Works e Reserva Nuclear Hanford. Establecido no ano 1943 como parte do Proxecto Manhattan en Hanford, o sitio aloxou o Reactor B, o primeiro reactor nuclear de produción de plutonio a escala completa do mundo.[1] O plutonio manufacturado alí utilizouse na primeira bomba nuclear utilizada na proba Trinity, e na bomba Fat Man detonada sobre Nagasaki.

Durante a Guerra Fría o proxecto de Hanford ampliouse para incluír nove reactores nucleares e cinco complexos de procesamento de plutonio, que produciron plutonio para a maioría das 60 000 armas construídas para o arsenal nuclear dos Estados Unidos.[2][3] Os reactores de produción para armas decomisionáronse trala fin da Guerra Fría, deixándo tras décadas de traballo uns 200 000 m3 de residuos radioactivos de alto nivel[4] gardados en 177 tanques de almacenamento, outros 710 000 m3 de residuos radioactivos sólidos e 520 km2 de auga subterránea contaminada baixo o sitio.[5]

En 2007 Hanford Site contiña dous terzos do volume total de residuos radioactivos de alto nivel dos Estados Unidos.[6] O 10 de novembro de 2015 foi incluído no Parque Histórico Nacional do Proxecto Manhattan xunto a outras localizacións en Oak Ridge e Los Alamos.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "B Reactor". United States Department of Energy. Arquivado dende o orixinal o 2 de febreiro de 2010. Consultado o 29 de xaneiro de 2007. 
  2. "Hanford Site: Hanford Overview". United States Department of Energy. Arquivado dende o orixinal o 5 de xuño de 2012. Consultado o 13 de febreiro de 2012. 
  3. "Science Watch: Growing Nuclear Arsenal". The New York Times. 28 de abril de 1987. Consultado o 29 de xaneiro de 2007. 
  4. "Hanford Quick Facts". Washington Department of Ecology. Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2008. Consultado o 19 de xaneiro de 2010. 
  5. "Hanford Facts". psr.org. Arquivado dende o orixinal o 7 de febreiro de 2015. Consultado o 7 de febreiro de 2015. 
  6. Harden, Blaine; Dan Morgan (2 de xuño de 2007). "Debate Intensifies on Nuclear Waste". The Washington Post. p. A02. Consultado o 29 de xaneiro de 2007. 
  7. Richard, Terry (10 de novembro de 2015). "Washington's Hanford becomes part of national historical park". The Oregonian. Consultado o 4 de abril de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Hanford_Site&oldid=4580337"