Hannah Arendt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Hannah Arendt
Hannah arendt-150x150.jpg
Nome completoHanna Arendt
Nacemento14 de outubro de 1906
 Hannover
Falecemento4 de decembro de 1975
 Upper West Side
CausaInfarto agudo de miocardio
NacionalidadeAlemaña, Estados Unidos de América e Apátrida
EtniaPobo alemán e Pobo xudeu
RelixiónXudaísmo
Educada enUniversidade de Heidelberg, Universidade de Freiburg im Breisgau e Universidade de Marburg
Ocupaciónfilósofa, historiadora, escritora, politicóloga, ensaísta, catedrática, sociólogo e autora
CónxuxeGünther Anders e Heinrich Blücher
Coñecido/a porAs Origens do Totalitarismo, The Human Condition, Eichmann in Jerusalem e On Revolution
PremiosBolsa Guggenheim, Emerson-Thoreau Medal, Sigmund Freud Prize e Honorary doctor of the Princeton University
editar datos en Wikidata ]

Hannah Arendt, nada en Hannover o 14 de outubro de 1906 e finada en Nova York o 4 de decembro de 1975, foi unha filósofa e socióloga alemá, nacionalizada norteamericana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia xudía-asquenací. A súa infancia veu marcada pola morte do seu pai cando ela tiña sete anos, e pola mala relación coas fillas do novo marido da súa nai, a partir dos trece anos.

Educouse en Königsberg e Berlín ata acceder á Universidade de Marburgo con dezaoito anos, onde estudou filosofía con Jaspers e Heidegger. Con este último mantivo unha relación que evolucionou ao longo do tempo. Desde 1925 a 1930 tivo con el un romance apaixonado, mais en 1933, logo da vitoria nazi e do ingreso de Heidegger no partido nazi, deixou Alemaña e instalouse en París. En 1941 marchou aos Estados Unidos, onde foi profesora en varias universidades.

Durante a súa permanencia no país americano, Hannah dedicouse a analizar a historia do antisemitismo e en 1944 comezou a escribir The Origins of Totalitarianism (As orixes do totalitarismo) que non se publicou ata 1951. Tamén alí coñeceu en 1936 un comunista alemán exiliado, co que casou. Non volveu continuar a súa relación con Heidegger ata 1950. >Foi a partir de aquí cando Hannah Arendt exerceu de defensora do filósofo alemán ante a opinión pública, xustificándoo e chegando mesmo a minimizar o apoio deste ao Terceiro Reich.

Obra[editar | editar a fonte]

  • On Revolution (Sobre a revolución)
  • Crises of the Republic (A crise da república)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Hannah_Arendt&oldid=5009871"