Hasan II de Marrocos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Hasan II de Marrocos
DF-SC-83-08526.jpg
Nacemento 9 de xullo de 1929
  Rabat
Falecemento 23 de xullo de 1999
  Rabat
Causa Infarto agudo de miocardio
Soterrado Mausoléu de Mohammed V
Nacionalidade Marrocos
Relixión Sunnismo
Alma máter Collège Royal e Imperial College London
Ocupación empresario e político
Cónxuxe Lalla Latifa
Fillos Mohamed VI de Marrocos, Mulay Rachid, Princess Lalla Meryem of Morocco, Asma of Morocco e Hasna of Morocco
Premios Order of Ouissam Alaouite, Grand Cordon of the Order of Leopold, Ordem do Elefante, Grand Cross of the order of the Redeemer, Knight Grand Cross in the Order of the Netherlands Lion, Decoration of Honour for Services to the Republic of Austria, Grande-Colar da Ordem do Infante D. Henrique, sen etiquetar, Knight Grand Cross of the Order of the Bath, Grand Cross of the Legion of Honour, collar of the Civil Order of Alfonso X the Wise, Royal Victorian Chain, Knight Grand Cross of the Royal Victorian Order, Order of the Yugoslav Star, Order of the Nile, Grand Cross of the Order of Charles III, Knight Grand Cross with Collar of the Order of Merit of the Italian Republic, Knight Grand Cross in the Order of the Netherlands Lion, Order of Pahlavi, Order of al-Hussein bin Ali, Royal Order of Cambodia, Order of Mubarak the Great, Grand Cross of the National Order of Mali, Nishan-e-Pakistan, Ordem Militar de Sant'Iago da Espada, Grand Cross Special Class of the Order of Merit of the Federal Republic of Germany e National Order of Merit
editar datos en Wikidata ]

Al-Hasan ibn Muhammad ou Hasan II, nado en Rabat o 9 de xullo de 1929 e finado no mesmo lugar o 23 de xullo de 1999, foi rei de Marrocos dende 1961 ata o seu pasamento. Foi o fillo maior de Mohammed V, sultán primeiro e rei de Marrocos despois.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi enviado ao exilio en Madagascar polas autoridades francesas en 1953 xunto co seu pai Mohammed V, aínda que se lle permitiu retornar en 1955, ano en que se estableceu o reino. Durante os disturbios de 1956, dirixiu a represión contra os bérberes sublevados nas montañas do Rif. Foi proclamado príncipe en 1957, e converteuse en rei despois da morte do seu pai en 1961.

Ordenou o secuestro de Mehdi Ben Barka o 29 de outubro de 1965, líder demócrata marroquí. Dende entón non se sabe nada del.

O seu goberno conservador fortaleceu a dinastía alauí e anexionouse o Sahara Occidental coa Marcha Verde de 1975. Puxo en marcha un sistema parlamentario no que, porén, tiña moitas prerrogativas e onde o Majzen funcionaba coma un Estado paralelo. Na práctica, o sistema que rexiu e que logo chegou ó seu fillo parecíase máis a unha monarquía absoluta que a unha monarquía constitucional de tipo europeo. Co engadido de que a familia real era propietaria directa de boa parte das terras, industrias e recursos do país. Durante o seu reinado existiu unha férrea represión política baixo a que desapareceron varios milleiros de persoas. Tras a súa morte, o seu sucesor tivo que facerse eco das demandas sociais sobre o particular e crear mecanismos institucionais de investigación e compensación económicas das vítimas.

Sufriu varios intentos de asasinato dos que saíu ileso de forma milagrosa, o que foi utilizado para crearlle certa aura de personaxe santo ou elixido por Deus. Nunha ocasión, os conxurados estaban tan seguros de que non sobrevivira que se chegou a anunciar a proclamación da república polas radios do país.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Hasan_II_de_Marrocos&oldid=4749505"