Hector Quiroga Lorenzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Hector Quiroga Lorenzo
Nacemento 16 de maio de 1933
  A Coruña
Nacionalidade España
Educado en Universidade Complutense de Madrid
Ocupación oceanógrafo e marine biologist
editar datos en Wikidata ]

Héctor Homero Quiroga Lorenzo, nado na Coruña o 16 de maio de 1933, é un biólogo mariño e oceanógrafo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Ciencias pola Universidade Complutense de Madrid. Foi oceanógrafo-xefe de equipo no Centro Oceanográfico da Coruña, secretario da comisión técnica científica da consellería de Pesca, xefe do servizo da dirección provincial do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e concelleiro na Coruña. Entre 1982 e 1985 foi o encargado de analizar e realizar o seguimento das baleas comúns cazadas pola frota galega, que eran levadas á factoría baleeira de Caneliñas (Cee). Foi un dos científicos que participou nas xuntanzas da Comisión Baleeira Internacional nas que se aprobou a moratoria da caza da balea.

Obras[editar | editar a fonte]

  • La riqueza marisquera de Galicia, 1974.
  • Cetáceos de las costas ibéricas atlánticas, 1996.
  • La caza de ballenas en aguas ibéricas, 2002.
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Hector_Quiroga_Lorenzo&oldid=4661385"