Henri Poincaré

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Henri Poincaré
Poincare.jpg
Henri Poincaré en 1887.
Datos persoais
Jules-Henri
Nacemento29 de abril de 1854
LugarNancy, Flag of France.svgFrancia
Falecemento17 de xullo de 1912 (58 anos)
LugarParís
CausaEmbolia
SoterradoCemiterio de Montparnasse
NacionalidadeFrancia
CónxuxeJeanne-Louise Poulain d'Annecy
FillosJeanne Poincaré
Actividade
CampoFísico, matemático
Alma máterLycée Nancy, École Polytechnique, École des Mines
Director de teseCharles Hermite
Alumnos de teseLouis Bachelier
Dimitrie Pompeiu
Mihailo Petrović
Contribucións e premios
Coñecido porConxectura de Poincaré
PremiosMedalla de ouro RAS (1900), Medalla Sylvester (1901), Medalla Matteucci (1905), Medalla Bruce (1911)
Henri Poincaré Signature.svg

Sintaura:
Henri Poincaré Signature.svg
editar datos en Wikidata ]

Jules Henri Poincaré, xeralmente coñecido como Henri Poincaré, nado en Nancy o 29 de abril de 1854 e finado en París o 17 de xullo de 1912, foi un prestixioso matemático, científico teórico e filósofo da ciencia francés. Poincaré é descrito a miúdo como o derradeiro «universalista» (logo de Gauss) capaz de entender e contribuír en todos os eidos da disciplina matemática. En 1894 descubriu o grupo fundamental dun espazo topolóxico.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

No campo da mecánica elaborou diversos traballos sobre as teorías da luz e as ondas electromagnéticas, e desenvolveu, xunto Albert Einstein e H. Lorentz, a Teoría da Relatividade restrinxida (tamén coñecida como Relatividade especial). A conxectura de Poincaré é unha das conxecturas (recentemente demostrada para a esfera tridimensional no espazo de catro dimensións polo matemático ruso Grigory Perelman) máis desafiantes da topoloxía alxébrica, sendo o primeiro en considerares a posibilidade do caos nun sistema determinista, no seu traballo sobre órbitas planetarias. Este traballo tivo pouco interese ata que comezou o estudo moderno da dinámica caótica en 1963.

En 1889 foi premiado polos seus traballos sobre o problema dos tres corpos, básico no ámbito da astronomía. Algúns dos seus traballos máis importantes inclúen os tres volumes de Os novos métodos da mecánica celeste (Les méthodes nouvelles de la mécanique céleste), publicados entre 1892 e 1899, e Leccións de mecánica celeste (Leçons de mécanique céleste, 1905). Tamén escribiu numerosas obras de epistemoloxía, propedéutica, metodoloxía e divulgación científica que acadaron unha gran popularidade, como Ciencia e hipótese (1901), Ciencia e método (1908) e O valor da ciencia (1904).

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Henri_Poincaré&oldid=4986464"