Henrique Monteagudo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Henrique Monteagudo
Henrique Monteagudo (AELG)-4 (cropped).jpg
Nacemento 26 de novembro de 1959
  Muros
Nacionalidade España
Ocupación escritor
Cónxuxe Dolores Vilavedra
Fillos dúas
Xéneros ensaio
editar datos en Wikidata ]

Xosé Henrique Monteagudo Romero, nado en Esteiro (Muros) o 26 de novembro de 1959, é un sociolingüísta galego, profesor na Universidade de Santiago de Compostela desde 1982, membro numerario e secretario da Real Academia Galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Henrique Monteagudo licenciouse en filoloxía hispánica (galego-portugués) pola Universidade de Santiago de Compostela (1981) e foi profesor na mesma e investigador do Instituto da Lingua Galega desde 1982. En 1995 doutorouse pola Universidade de Santiago de Compostela e desde ese momento foi profesor titular de Filoloxía Galega en Santiago. Tamén foi profesor nas universidades de Birmingham (como 'Assistant Lectores'), na City University of New York (1996) e na de Lisboa (1998). Actualmente é coordinador da Sección de Lingua Galega do Consello da Cultura Galega e director do Arquivo de Planificación e Normalización Lingüística. Monteagudo é co-coordinador do Informe sobre Política Lingüística e Normalización en Galicia da Sección de Lingua Galega do CCG desde 1998 e forma parte do Consello de Redacción da revista Grial desde 1989, e co-director da mesma desde 1993.

O 30 de abril de 2010 foi elixido académico numerario da Real Academia Galega[1], para ocupar así a vacante de Antonio Gil Merino, e dende 2013 é o seu secretario.

Foi membro do partido político Compromiso por Galicia.


Predecesor:
Xosé Luís Axeitos
  Secretario da Real Academia Galega  
2013-
Sucesor:
No cargo

Publicacións destacadas[editar | editar a fonte]

Ten publicado traballos sobre literatura galega medieval, historia externa da lingua, planificación lingüística e gramática e lexicografía galegas e, entre as súas publicacións destacan:

Ensaio[editar | editar a fonte]

Sostendo un exemplar de As razóns do galego.

Edicións[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Lingua galega: 1 BUP (1984, Xerais).
  • Aspectos sociolingüísticos do bilingüismo en Galicia (1986, Xunta de Galicia).
  • Gramática galega (1986, Galaxia). Con Rosario Álvarez e Xosé Luís Regueira.
  • A poesía lírica galego-portuguesa, de Giuseppe Tavani (1986, Galaxia). Co-tradutor con Rosario Álvarez.
  • Diccionario galego-castelán (1988, Galaxia).
  • Contos da xustiza (1991, Ir Indo).
  • Escritores galegos contemporáneos. Participantes no encontro de escritores galegos e portugueses en Compostela, (setembro 1991) (1991, Xunta de Galicia). Coordinación con Pilar Vázquez Cuesta e Fernando Dacosta.
  • A vida e o tempo de Diego Xelmírez, de R. A. Fletcher (1992, Galaxia). Tradución con María Xesús Lama López.
  • Follas novas, de Rosalía de Castro (1993, Galaxia). Editor, con Dolores Vilavedra.
  • Nivel soleira: versión provisional (1993, Xunta de Galicia).
  • Dicionario da literatura galega. I. Autores, 1995, Galaxia.
  • Estudios de sociolingüística galega (1995, Galaxia).
  • Día das Letras Galegas 1996: Xesús Ferro Couselo (1996, Universidade de Santiago de Compostela).
  • Xesús Ferro Couselo. 1906-1975: unha fotobiografía (1996, Xerais). Con Marcos Valcárcel, Xesús Alonso Montero e Ramón Villares.
  • Dicionario da literatura galega. II. Publicacións periódicas (1997, Galaxia).
  • Galego, 2 BUP (1998, Xerais).
  • A lagarada. O desengano do prioiro, de Ramón Otero Pedrayo (1998, Galaxia).
  • Tres poetas medievais da Ría de Vigo: Martín Codax, Mendiño e Johán de Cangas (1998, Galaxia).
  • Lingua COU (1999, Xerais).
  • Novas voces da poesía galega: recital (2000, Consello da Cultura Galega).
  • Para ler a Castelao. I. II (2000, Galaxia).
  • Galicia: unha luz no Atlántico (2001, Xerais).
  • Elaboración e difusión da lingua (2002, Consello da Cultura Galega). Coordinador, con Xan Bouzada.
  • A normalización lingüística a debate (2002, Xerais).
  • O proceso de normalización do idioma galego 1980-2000. Volume I, II, III (2002, Consello da Cultura Galega). Coordinador con Xan Bouzada.
  • Sobre a lingua galega: antoloxía, de Martín Sarmiento (2002, Galaxia).
  • Homenaxe a don Paco del Riego, fillo adoptivo de Nigrán, 2003, Edicións do Cumio.
  • Actas do I Congreso Internacional "Curros Enríquez e o seu tempo" (Celanova, 2001) (2004, Consello da Cultura Galega).
  • Norma lingüística e variación: unha perspectiva desde o idioma galego (2005, ILG/Consello da Cultura Galega).
  • A sociedade galega e o idioma. A evolución sociolingüística de Galicia (1992-2003) (2005, Consello da Cultura Galega).[3]
  • A edición da Poesía Trobadoresca en Galiza (2008, Baía Edicións).
  • De verbo a verbo: documentos en galego anteriores a 1260 (2009, Universidade de Santiago de Compostela). Con Ana Isabel Boullón Agrelo.
  • Sociedades plurilingües: da identidade á diversidade (2009, Consello da Cultura Galega).
  • Fermín Penzol. Unha obra para un país (2010, Galaxia).
  • Historia das historias de Galicia (2016, Xerais).

Ademais, ten editado textos de Rosalía de Castro, Castelao e Ramón Otero Pedrayo e os seus traballos publícanse en revistas especializadas como Grial, Verba, Coloquio/Letras (de Lisboa), Signo y Seña (de Buenos Aires), Portuguese Studies (de Cambridge), entre outras.

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • 1º Premio de "Ensayo sobre las lenguas y literaturas gallega, vasca y catalana", da Universidade Nacional de Educación a Distancia (Madrid), 1998.
  • Premio Antón Losada Diéguez de investigación (2000).
  • Premio da Crítica Galicia, na sección de Investigación, en 2009, pola obra Letras primeiras. O Foral de Caldelas. A emerxencia da escrita en galego e os primordios da lírica trobadoresca.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Henrique_Monteagudo&oldid=4781960"