Herba das brañas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Herba das brañas
Herba das brañas (Nardus stricta) nun xardín
Herba das brañas (Nardus stricta) nun xardín
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Orde: Poales
Familia: Poaceae
Subfamilia: Pooideae
Tribo: Nardeae
Xénero: Nardus
Especie: N. stricta
Nome binomial
Nardus stricta
L.

A herba das brañas[1] (Nardus stricta) é unha especie de planta gramínea herbácea, único membro do xénero Nardus.

Descrición[editar | editar a fonte]

Nardus é un xénero caracterizado por seren plantas perennes con inflorescencias moi magras, con espículas sentadas que nacen alternas das escotaduras do eixo. Ten espículas cunha flor. A gluma inferior é moi miúda e a superior está ausente. A lema ten tres nervios con dúas ou tres carenas arestadas.

A herba das brañas é unha planta vivaz, dura, forte e rexa, densamente crepitosa, de pequeno talle e porte erecto e de tres a oito centímetros de lonxitude. Ten a espícula cunha soa flor sentada e inserta no raque mais volta do mesmo lado. As flores son violáceas ou averdadas con estame de grandes anteras branco leitosas ben visíbeis na antera e sen glumas, unilaterais moi magras e erectas. As follas son longas, setosas e de case 0.5 mm de largura. Posúe numerosas follas basais finas, enroladas e algo punzantes, así como as espigas na súa madureza.

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

Euroasiática. Hemicriptófito. Prados sobre solos acedos e zumegantes, enclaves esmagados e pastoreados con abundante humidade (brañas e lameiros).

Ecoloxía[editar | editar a fonte]

É planta invasora que suaviza os pastos deficientemente aproveitados do piso subalpino e que pode ser eliminada ou consumida polo pastoreo do gado maior. Responde mal a calquera tipo de fertilizante agás o fosfórico. Así, os solos nos que se atopa a herba das brañas teñen a características edáficas a seguir:

  • Hidromorfía temporal máis ou menos prolongada.
  • Lenta humificación da materia orgánica, con formación de humus de tipo mor (relación C/N superior a 25), tendencia á turbificación e posíbel desenvolvemento de horizontes hísticos
  • pH acedo ou moi acedo: ente 3.5 e 5
  • Baixa taxa de saturación do complexo adsorbente: inferior ao 50 % o que dá solos con escasa fertilidade.

Tendo en conta estas características edáficas e seguindo a clasificación da FAO, os herbais das brañas poden ser encadrados dentro das categorías de luvisol e phaeozem.

Produción[editar | editar a fonte]

A produción destes pastos é bastante alta, con frecuencia de entre 2000 e 3500 kg de materia seca por hectárea e ano. A pesar disto, non están moi alindados, xa que tanto a súa palatabilidade coma a súa calidade nutritiva son baixas por mor da súa dureza, o seu elevado contido en materia seca e fibra e a súa baixa dixestibilidade.

Así só poderían fornecer coma máximo unhas 1000 ou 1800 U.F. e 90 ou 150 kg de PD por hectárea e ano.

Valor pastícola[editar | editar a fonte]

Pasto de má calidade e pouco valor nutritivo, característico de solos acedos. O valor pastoral destes herbais é mediocre, pola súa escasa diversidade e pola baixa calidade individual das especies que o constitúen.

Aproveitamento[editar | editar a fonte]

O aproveitamento realízase a dente, polo gando vacún ou cabalar e menos polo ovino.

Faise un pastoreo cedo e intenso para controlar a herba das brañas e as dexeccións dos animais favorecen o espallamento das especies de maior calidade. O despunte por mor do pastoreo temperán provoca o regromo da herba das brañas e reduce a súa dureza.

Unha volta mellorado poden ser interesantes outro tipo de melloras coma fertilizacións calcarias ou fosfóricas.

Gado consumidor[editar | editar a fonte]

Non apetecido polo gado ovino mais o vacún atúrao ben comendo unicamente os gomos tenros. O cabalr, pouco esixente na calidade do pasto, consome ben a herba das brañas e contribúe á calidade do pasto aínda que pode considerar problemas de plastificado do solo. O ovino non é o máis indicado para aproveitar estes herbais, xa que, a humidade do solo favorece a aparición da paroniquia ou uñeiro (infección supurante localizada entre a uña do pezuño e a carne na ovella e na cabra, causada por Dichelobacter nodosus e algunha outra bacteria, e que provoca a coxeira do animal. [2]).

Observacións[editar | editar a fonte]

Esta especie pódese asociar con otras coma o trevo alpino (Trifolium alpinum), Campanula herminii, Phleum alpinum, a solda (Potentilla erecta), as chantaxes (Plantago) ou Thalackeri para formar os herbais, que son pastos dentro da clase Nardetea strictae.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nome vulgar galego en E. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992): Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Xunta de Galicia e en Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004
  2. Dicionario galego de termos médicos' e Diccionario científico y tecnológico. Barcelona, Chambers - Omega, 1979

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Herba_das_brañas&oldid=4099271"