Herrerías

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Coordenadas: 43°18′56″N 4°27′53″O / 43.31556, -4.46472

Herrerías
Localización
Herrerías (Cantabria) Mapa.svg
País España
Comunidade Autónoma Cantabria Cantabria
Comarca Saja-Nansa
Xeografía
Altitude 182 msnm
Superficie 40,34 km²
Demografía
Poboación 648 hab. (2014)
Densidade 16,06 hab./km²
Outros datos
Código postal 39550
Alcalde Juan Francisco Linares Buenaga (PRC) (2007)
http://www.aytoherrerias.es/

Herrerías é un concello da comunidade autónoma de Cantabria, situado na comarca de Saja-Nansa. Limita ao norte cos concellos de Val de San Vicente e San Vicente de la Barquera, ao sur con Lamasón e Rionansa, ao leste con Valdáliga e ao oeste con Peñamellera Baxa (xa no Principado de Asturias). En Herrerías abondan as covas e posúe unha de extraordinario valor, a Cova de El Soplao, compartida con Rionansa e Valdáliga.

Localidades[editar | editar a fonte]

Segundo o INE tiña 700 habitantes no ano 2006, que se distribuían nas seguintes localidades:

  • Bielva (Capital), 237 hab.
  • Cabanzón, 136 hab, 93 en Cabanzón e 43 no barrio de Otero.
  • Cades, 83 hab.
  • Camijanes, 111 hab, 71 en Camijanes e 40 en El Collado.
  • Casamaría, 69 hab.
  • Puente el Arrudo, 10 hab.
  • Rábago, 54 hab.

Administración[editar | editar a fonte]

Juan Francisco Linares Buenaga (PRC) é o actual alcalde do concello. As seguintes táboas amosan os resultados das eleccións municipais de 2003 e 2007.[1]

Eleccións municipais, 25 de maio de 2003
Partido Votos % Concelleiros
PRC 382 64,42 % 5
PP 168 28,33 % 2
  • Alcalde electo: Juan Francisco Linares Buenaga (PRC).
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007
Partido Votos % Concelleiros
PRC 357 64,32 % 5
PSOE 99 17,84 % 1
PP 97 17,48 % 1
  • Alcalde electo: Juan Francisco Linares Buenaga (PRC).

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Herrerías&oldid=4657015"