Hidrocarburo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Algúns hidrocarburos. De arriba a abaixo: etano, tolueno, metano, eteno, benceno, ciclohexano e decano.

En química orgánica, un hidrocarburo é un composto orgánico formado na súa totalidade por átomos de carbono e hidróxeno.

A meirande parte dos hidrocarburos atópanse naturalmente no petróleo, onde a materia orgánica descomposta proporciona abundancia de carbono e hidróxeno, os cales, ao unírense, poden formar cadeas aparentemente ilimitadas[1][2].

Clasificación[editar | editar a fonte]

Segundo a estrutura das ligazóns entre átomos de carbono, clasifícanse en:

  • Hidrocarburos acíclicos, alifáticos, unalifáticos, ou de cadea aberta. Estes á súa vez dividense en:
    • Hidrocarburos saturados (alcanos o parafinas), que non teñen enlaces dobres, triplos, nin aromáticos, só múltiples enlaces individuais.
    • Hidrocarburos non saturados, que teñen un ou máis enlaces dobres (alquenos u olefinas) ou triplos (alquinos ou acetilénicos) entre os seus átomos de carbono.
  • Hidrocarburos cíclicos, hidrocarburos de cadea pechada que á súa vez subdividense en:
    • Cicloalcanicos, que teñen cadeas pechadas de 3, 4, 5, 6, 7 e 8 moléculas de carbono saturados ou non saturados.
    • Hidrocarburos aromáticos, non saturados, que posúen polo menos un anel aromático ademais doutros tipos de enlaces.

Intoxicacións por Hidrocarburos[editar | editar a fonte]

As intoxicacións por hidrocarburos tenden a causar cadros respiratorios relativamente severos. A gasolina, o queroseno e os aceites para pulir mobles, que conteñen hidrocarburos, son os axentes máis comunmente usados nas intoxicacións. O tratamento a míudo require intubación e ventilación mecánica. Induci-lo vómito nestes casos está contraindicado porque pode causar máis dano esofáxico.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Clayden, J., Greeves, N., et al. (2000), p21
  2. McMurry, J. (2000), p75-81

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Hidrocarburo&oldid=4372392"