Hombre al agua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Hombre al agua
Autor/a Gonzalo Torrente Ballester
Orixe España
Lingua castelán
Colección Textos tímidos 13
Xénero(s) Relato
Editorial Ediciones Almarabu
Data de pub. 1987
Formato Tapa branda sen lapelas
Páxinas 64
ISBN ISBN 978-84-86197-63-5

Hombre al agua é un relato en lingua castelá de Gonzalo Torrente Ballester, publicado en 1987 por Ediciones Almarabu.

Trama[editar | editar a fonte]

Verán de 1968, durante a Primavera de Praga. Torrente Ballester vai en barco de Vigo a Nova York, logo de facer escala en Lisboa. Vai coa súa familia, e fai amizade co capitán, un home maior que adoita ter relacións pasaxeiras coas mulleres que navegan no buque, e con Mr. Morris, un profesor de Historia masón e bebedor que lle pregunta pola guerra civil española e polo xeneral Francisco Franco.

Falan de viaxes no tempo na literatura, como a obra A Connecticut yankee in King Arthur's court, de Mark Twain, e Mr. Morris, medio bébedo, acaba confesándolle que as viaxes no tempo existen, e que os estadounidenses están mandando cidadáns seus ao pasado para que sexan protagonistas da historia, comezando pola Declaración de Independencia dos Estados Unidos de América. O propósito é modificar a historia para conseguir un poder total; así, envían personaxes que adopten os roles de Cristovo Colón (para non teren a deshonra de seren descubertos por un europeo), Xesús Cristo ou Napoleón.

O relato remata de forma abrupta, con Mr. Morris caendo pola borda ao océano Atlántico.

Narración e publicación[editar | editar a fonte]

O libro está narrado en primeira persoa.

Amais de como texto independente, o relato apareceu en Ifigenia y otros cuentos (1987)[1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ifigenia y otros cuentos", recensión de José García Nieto en ABC, 9 de xaneiro de 1988 (en castelán).



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Hombre_al_agua&oldid=3994541"