IFEVI

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Coordenadas: 42°13′23″N 8°38′14″O / 42.223187, -8.637164

Instituto Feiral de Vigo.
Na fachada do IFEVI figuran os logotipos da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo, a Confederación de Empresarios de Pontevedra, o Concello de Vigo, a Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e a Cámara de Comercio de Vigo.

O Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) é un complexo multifuncional utilizado para todo tipo de celebracións; concertos, eventos deportivos, feiras internacionais, nacionais ou locais, competicións, conferencias, convencións etc.

Dispón de 3 pavillóns, 5 salas de reunións, dous recibidores, unha sala de xuntas cunha capacidade máxima de 30 persoas, un auditorio con 506 butacas, unha cafetaría, un autoservizo, un restaurante e un aparcadoiro con capacidade para 2200 vehículos.

Está situado en Coto Grande (Cabral), nos arrabaldes de Vigo, a 300 metros do Aeroporto de Peinador. Dispón dunha saída directa dende a Autoestrada do Atlántico AP-9.

Acontecementos máis significativos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=IFEVI&oldid=4518709"