Iberoamérica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Estados de Iberoamérica en amarelo e verde.
Cume Iberoamericano do 2007.

Chámaselle Iberoamérica ós países de América que formaron parte dos imperios español e portugués. Está conformado por Brasil xunto con tódolos países de Hispanoamérica. Estes territorios comprenden case a totalidade do continente americano (de onde habería que exceptuar Canadá, EEUU, Belize, Suriname e a Güiana francesa) e inclúen tamén Cuba, a República Dominicana e Porto Rico.

Precisións xeográficas[editar | editar a fonte]

A pesar de que unha parte importante do territorio dos Estado Unidos formou parte do Imperio español o posteriormente do México independente, como a Luisiana, Florida ou os estados do suroeste e do oeste, non se considera este país como parte de Iberoamérica debido a que as súas orixes histórico-culturais non son hispánicas.

Superficie[editar | editar a fonte]

Orde País km2[1]
1 Flag of Brazil.svgBrasil 8 514 877
2 Flag of Argentina.svgArxentina 2 780 400
3 Flag of Mexico.svgMéxico 1 964 375
4 Flag of Peru.svgPerú 1 285 216
5 Flag of Colombia.svgColombia 1 138 914
6 Flag of Bolivia.svgBolivia 1 098 581
7 Flag of Venezuela.svgVenezuela 916 445
8 Flag of Chile.svgChile 756 102
9 Flag of Paraguay.svgParaguai 406 752
10 Flag of Ecuador.svgEcuador 283 561
11 Flag of Uruguay.svgUruguai 176 215
12 Flag of Nicaragua.svgNicaragua 130 370
13 Flag of Honduras.svgHonduras 112 090
14 Flag of Cuba.svgCuba 110 860
15 Flag of Guatemala.svgGuatemala 108 889
16 Flag of Panama.svgPanamá 75 420
17 Flag of Costa Rica.svgCosta Rica 51 100
18 Flag of the Dominican Republic.svgRepública Dominicana 48 670
19 Flag of El Salvador.svgO Salvador 21 041
20 Flag of Puerto Rico.svgPorto Rico 13 790
Total 19 993 668 km2

Poboación[editar | editar a fonte]

Orde País Habitantes[2]
1 Flag of Brazil.svgBrasil 201 032 714
2 Flag of Mexico.svgMéxico 118 395 054
3 Flag of Colombia.svgColombia 47 391 000
4 Flag of Argentina.svgArxentina 41 660 417
5 Flag of Venezuela.svgVenezuela 32 457 121
6 Flag of Peru.svgPerú 30 475 144
7 Flag of Chile.svgChile 17 216 945
8 Flag of Ecuador.svgEcuador 15 644 300
9 Flag of Guatemala.svgGuatemala 15 438 384
10 Flag of Cuba.svgCuba 11 167 325
11 Flag of Bolivia.svgBolivia 10 027 254
12 Flag of the Dominican Republic.svgRepública Dominicana 10 219 630
13 Flag of Honduras.svgHonduras 8 555 072
14 Flag of Paraguay.svgParaguai 6 783 374
15 Flag of El Salvador.svgO Salvador 6 340 000
16 Flag of Nicaragua.svgNicaragua 6 071 045
17 Flag of Costa Rica.svgCosta Rica 4 667 096
18 Flag of Puerto Rico.svgPorto Rico 3 667 084
19 Flag of Panama.svgPanamá 3 559 408
20 Flag of Uruguay.svgUruguai 3 324 460
Total 584 890 993

Cume Iberoamericano[editar | editar a fonte]

Países que participan no Cume Iberoamericano.      Membro de pleno dereito.      Membro europeo de pleno dereito.      Membro asociado.      País que solicitou o ingreso.      Posible membro futuro (Belize).

Dende 1991 vénse realizando anualmente o Cume Iberoamericano. Nesta conferencia participan os dezanove países independentes de Iberoamérica e os tres da península Ibérica (Andorra, España e Portugal). Bélxica, Filipinas, Francia, Guinea Ecuatorial, Haití, Italia, Marrocos e os Países Baixos participan como membros asociados.

Ademais de Porto Rico, outros países que foron posesións españolas ou portuguesas en África, Asia e Europa, como Angola, Guinea-Bisau, Mozambique, a República Árabe Saharauí Democrática e Timor Leste, solicitaron formar parte do cume.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Iberoamérica&oldid=4572035"