Ignacio Varela Eiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ignacio Varela Eiras
Nacementoséculo XX
 Teo
Falecemento10 de maio de 1999
 Teo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfarmacéutico e político
PaiGabriel Varela Crego
editar datos en Wikidata ]

Ignacio Varela Eiras, nado en Teo e finado no mesmo concello o 10 de maio de 1999,[1] foi un farmacéutico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Gabriel Varela Crego. Dono da farmacia de Pontevea. Sucedeu ao seu pai na alcaldía de Teo en 1954. Permaneceu no cargo ate 1979. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou unha candidatura independente e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta encabezando unha candidatura independente nas municipais de 1983 e 1987. Nas municipais de 1991 presentouse polo PPdeG e volveu obter maioría absoluta. Decidiu abandonar a política en febreiro de 1995.[2] Foi vicepresidente segundo do consello de administración de Caixa Galicia.


Predecesor:
Gabriel Varela Crego
 Escudo de Teo.svg
Alcalde de Teo
 
1954 - 1994
Sucesor:
Armando Blanco Martínez


Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Margarita Álvarez Insua e foi pai de Margarita e Carmen Varela Álvarez.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 13-5-1999, p. 89.
  2. "Ignacio Varela deja la alcaldía de Teo después de cuarenta años", La Voz de Galicia, 21-2-1995, p. 41.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ignacio_Varela_Eiras&oldid=5019958"