Igrexa de Inglaterra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Igrexa de Inglaterra
Church of England
Canterbury Cathedral - Portal Nave Cross-spire.jpeg
Historia
Fundación1534
MotivoO Rei Henrique VIII separou a Igrexa da Santa Sé logo dunha disputa pola negativa da anulación do seu casamento con Catarina de Aragón
Separada deIgrexa católica latina
EscisiónsIgrexa en Gales
Parte deComuñón Anglicana
Goberno
Tipo de gobernoEpiscopal
Gobernadora SupremaIsabel II
PrimadoJustin Welby
EstruturaDividida en 44 dioceses
AgrupaciónsComuñón de Porvoo
Clasificación
GrupoAnglicanismo
OrientaciónCristianismo occidental
Demografía e cultura
Fieis27 000 000
PaísesInglaterra, Illa de Man, Illas da Canle, Xibraltar, Europa Continental
Linguas litúrxicasInglés
Outros datos
Sede centralLondres
Páxina webchurchofengland.org

A Igrexa de Inglaterra é unha igrexa cristiá anglicana, que ten a condición de relixión de estado de Inglaterra e é igrexa nai da Comuñón Anglicana. A cabeza espiritual da Igrexa é o arcebispo de Canterbury que o é tamén da Comuñón Anglicana. O monarca británico ten o título constitucional de Gobernador Supremo da Igrexa de Inglaterra. O Sínodo Xeral é o corpo que goberna a Igrexa de Inglaterra, as súas medidas teñen que ser aprobadas polo Parlamento do Reino Unido antes de recibir o plácet real e converterse en parte da lei inglesa. Ademais de Inglaterra ten xurisdición sobre a Illa de Man, Illas da Canle, algunhas parroquias de Flintshire (Gales) e Xibraltar que como diocese cobre toda Europa e conta con 200 lugares de culto. A Igrexa de Inglaterra considérase dentro da tradición reformada, xa que acepta moitos dos principios que levou á separación dos protestantes e en non recoñecer a autoridade do Papa, e tamén dentro da tradición católica (mais non católica romana) xa que se considera continuadora da tradición apostólica. Establece a Biblia como única fonte de fe, admite a súa libre interpretación e afirma o carácter subxectivo dos sacramentos.

A reforma relixiosa produciuse en Inglaterra polo interese da monarquía de subordinar os intereses eclesiásticos aos políticos sen a interferencia do papado. A ruptura produciuse en 1534 ao negarse o Papa a anular o matrimonio de Henrique VIII. María I de Inglaterra retornou á obediencia a Roma en 1555 e desencadeou unha violenta persecución contra os non católicos, a situación deu a volta no reinado de Isabel I de Inglaterra a partir de 1558.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Igrexa_de_Inglaterra&oldid=4814234"