Igrexa de Santiago de Bembrive

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Igrexa de Santiago de Bembrive
Iglesia de Santiago de Bembrive 2.jpg
Datos xerais
TipoIgrexa parroquial
AdvocaciónSantiago o Maior
LocalizaciónBembrive, Vigo
Coordenadas42°12′14.22″N 8°41′12.2″O / 42.2039500, -8.686722Coordenadas: 42°12′14.22″N 8°41′12.2″O / 42.2039500, -8.686722
CatalogaciónBIC (incoado expediente en 1980) [1]
Culto
CultoCatólico
DioceseTui-Vigo
Arquitectura
Construciónséculos XII-XIII
EstiloRománico
Santiago de Bembrive en Pontevedra
Santiago de Bembrive
Santiago de Bembrive
Localización de Santiago de Bembrive.
editar datos en Wikidata ]

A igrexa parroquial de Santiago de Bembrive é un templo católico de estilo románico de transición, situado na parroquia de Santiago de Bembrive.[2] É unha das tres igrexas románicas do concello de Vigo, sendo as outras dúas a igrexa de Santa María de Castrelos e a igrexa de San Salvador de Coruxo.[3]

Construción[editar | editar a fonte]

Foi construída a finais do século XII e principios do XIII. Pode ser adscrita ó Mestre Rodrigo segundo se desprende dunha inscrición datada sobre 1185, inda que tamén se conserva outra de 1223.[2] A igrexa sufriu varias modificación o longo da historia.[4]

Elementos[editar | editar a fonte]

Consta dunha soa nave e ábsida, de forma semicircular por dentro e pentagonal por fóra. A nave está dividida en tramos de dous arcos transversais apoiados sobre semicolumnas acaroadas. O arco triunfal é de directriz apuntada ó igual có secundario e ambos apoian sobre semicolumnas. O presbiterio cóbrese con bóveda de canón mentres o polígono no que termina a ábsida faino con bóveda de cascarón. Ten dúas portas laterais e unha na fachada principal, de arquivoltas lixeiramente apuntadas sobre columnas en xambas. Tamén conserva un variado repertorio de canzorriños.[2]

Devoción[editar | editar a fonte]

O 25 de xullo, celébrase a festa na honra de Santiago o Maior, patrón da parroquia.[3]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Bembrive Santiago 39.JPG
 
 
 
 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Resolución do 10 de marzo de 1980 BOE nº 94 do 18 de abril de 1980.
  2. 2,02,12,2 "Igrexa de Santiago de Bembrive". Turgalicia. Consultado o 19/8/2015. 
  3. 3,03,1 "Iglesia de Santiago de Bembrive" (en castelán). Galicia Máxica. Arquivado dende o orixinal o 24/09/2015. Consultado o 19/8/2015. 
  4. "Igrexa Románica de Bembrive". Concello de Vigo. Consultado o 19/8/2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Igrexa_de_Santiago_de_Bembrive&oldid=4953998"