Igrexa de Santiago de Vigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Igrexa de Santiago de Vigo
Santiago de Vigo, do arquitecto Manuel Felipe Quintana.jpg
Fachada da igrexa de Santiago de Vigo, obra de Manuel Felipe Quintana.
Datos xerais
Tipo Igrexa parroquial
Advocación Santiago o Maior
Coordenadas 42°14′12.77″N 8°43′4.55″O / 42.2368806, -8.7179306Coordenadas: 42°14′12.77″N 8°43′4.55″O / 42.2368806, -8.7179306
Culto
Culto Católico
Diocese Tui-Vigo
Arquitectura
Construción 1896-1907
Estilo Neogótico
editar datos en Wikidata ]

A igrexa de Santiago de Vigo é unha igrexa decimonónica que se atopa na cidade de Vigo.

Historia[editar | editar a fonte]

Xa a finais do século XIX co crecemento da vila grazas ao pulo industrial e portuario, estúdase a construción dunha nova igrexa parroquial polos contratistas Cerviño e Senra. No verán de 1882 decídese o emprazamento da nova sé, que cambiara varias veces, para ficar no daquel chamado Campo do Rei, hoxe na rúa García Barbón. Manuel Felipe Quintana encárgase do proxecto, redáctao en 1896, e despois de varias paradas por mor dos problemas económicos, remata en 1907. O proxecto inicial considerara dúas torres altas na fachada principal, que tivo que se recortar.

Descrición e estilo[editar | editar a fonte]

A igrexa feita en cantaría de perpiaño granítico ten un corte medieval historicista, conta con catro fachadas, coa principal de estilo neogótico, porén as súas formas non son esveltas e diáfanas, senón que ten aparencia pesada polas súas grandes superficies macizas. O templo, aínda que bastante embutido, forma un rueiro enteiro para aproveitar a luz e consta dunha planta rectangular de tres naves sen cruceiro, a nave central ten unha amplitude maior ca as laterais, das que se separa por arcos apuntados. Sobre o pórtico da entrada sitúase o coro. As naves laterais reciben a luz a través de vans de arcos apuntados, mentres que a nave central, a maior, recibe a luz a través de trilóbulos ou pequenos rosetóns de trazaría con tres lóbulos inscritos no seu interior que se sitúan elevados sobre a nave na fachada principal. As bóvedas son de cruzaría, con contrafortes laterais, rematados en pináculos neogóticos. A cabeceira está alumeada por tres fiestras oxivais de gran tamaño na ábsida, a cabeceira é poligonal e fica enmarcada nun rectángulo no que se achan as sancristías.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Igrexa_de_Santiago_de_Vigo&oldid=4428957"