Illa Carral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Coordenadas: 42°6′51.14″N 8°53′55.13″O / 42.1142056, -8.8986472

A Carral, en cabo Silleiro.

A illa da Carral[Cómpre referencia], comunmente A Carral[Cómpre referencia], é unha illa situada en cabo Silleiro, na parroquia de Baredo no concello pontevedrés de Baiona. Atópase no espazo da Costa de Baiona-A Guarda.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Nas súas augas houbo varios naufraxios como o do Cunichán (Collingham) ou o do ABC. Xa que a illa é rochosa, coma o resto das que a rodean. En tempos foi unha das illas máis aproveitadas polos percebeiros.[1] Xunto coas illas Negras, a illa Polbeira e a illa Aguieira, forma un arquipélago diante de Silleiro.

O Concello de Baiona decidiu darlle o nome desta illa a unha rúa no lugar de Loureiral (Baiona).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Vilar Pedreira, Xosé Lois (2008). Os nomes do mar de Baiona e Panxón. Instituto de Estudos Miñoranos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Illa_Carral&oldid=4322023"