Illa Montserrat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Montserrat
Bandeira de Illa Montserrat
Escudo de Illa Montserrat
BandeiraEscudo
LocationMontserrat.png
Lema: Each Endeavouring, All Achieving
(Galego: Cada persoa esforzandose, todas alcanzando)
Himno: [[God Save the Queen]]
Capital
 • Poboación
Plymouth¹
Abandonada (2005)
Cidade máis poboadaBrades
Lingua oficialInglés
Forma de gobernoTerritorio de Ultramar
Xefe de Estado
Gobernadora
Ministro Xefe
Isabel II
Andrew Pearce
Donaldson Romeo
Dependencia
 • FechaAl Reino Unido
-
SuperficiePosto 227º
 • Total102 km²
 • % augan/d
Fronteiras0 km km
Costasn/d km
PoboaciónPosto xº
 • Total9.245 (2004 est.) hab.
 • Densidade90,6 hab./km²
PIB (nominal)
 • Totaln/d
 • per cápitan/d
 • Total-
 • per cápita-
MoedaDólar Caribe-Leste (EC$)
IDHn/d
Xentiliciode Montserrat
Fuso horarioUTC-4
 • Horario de veránUTC-4
Dominio de Internet.ms
Prefixo telefónico+1-664
Prefixo radiofónicon/d
Código ISO-
Membro de: Reino Unido, UPU
¹ Debido á erupción do Soufriere Hills a capital foi abandonada, Brades é a capital provisional. O goberno de Montserrat está a construír unha nova capital no norte da illa chamada Little Bay.

A illa de Montserrat é un Territorio Británico de Ultramar dependente do Reino Unido situado ao sueste da illa de Porto Rico, en augas do mar Caribe. É unha das Illas de Sotavento, que forman parte das Antillas Menores ou Pequenas Antillas ao suroeste de Antiga e ao noroeste de Guadalupe. A illa así nomeada por Cristovo Colón en 1493 pola montaña do mesmo nome situada xunto a Barcelona.

Historia[editar | editar a fonte]

Cristovo Colón descobre a illa en 1493 e bautízaa co nome actual. Con todo, non é ata 1632 cando chegan os primeiros colonos británicos. Francia intenta ocupar a illa en dúas ocasións, entre 1664 e 1668 e despois entre 1782 e 1784, con todo os británicos restableceron o poder.

En 1956 a illa deixa de ser administrada como parte da Federación de Sotavento e en 1967 a illa decide continuar o seu status colonial. En 1989 a illa fora azoutada polo furacán Hugo. En 1995 o volcán Soufriere Hills entra en erupción e destrúe a cidade de Plymouth, obrigando á poboación a evacuar a illa.

Goberno e Política[editar | editar a fonte]

Un gobernador actúa como o xefe de estado simbólico e é o representate da Raíña. Un Ministro Principal elixido é o xefe de goberno. O seu máximo tribunal de xustiza é a Suprema Corte do Caribe Oriental.

Montserrat é membro da Comunidade do Caribe e da Organización de Estados do Caribe Oriental.

Organización político-administrativa[editar | editar a fonte]

Politicamente a illa divídese en 3 parroquias:

  • San Antonio
  • San Jorge
  • San Pedro

Xeografía[editar | editar a fonte]

Montserrat localízase ao sueste de Porto Rico e ao suroeste da illa Antiga.

A illa é montañosa e volcánica na súa totalidade e o seu punto máximo é o volcán Soufriere Hills (914 m) que se atopa actualmente activo; existen tamén algunhas pequenas praias na costa.

O clima é tropical con pequenas variacións de temperatura e de xuño a novembro a illa é azoutada por furacáns.

Mapa de Montserrat
Volcán Soufriere Hills, ó sur, en erupción

Economía[editar | editar a fonte]

A súa moeda é o dólar do Caribe Oriental. A economía de Monserrat baséase na pesca e o turismo. Tamén é importante a emisión de selos postais para coleccionistas.

Demografía[editar | editar a fonte]

O país está composto dunha maioría de mulatos, moitos destes descendentes de irlandeses e africanos; tamén existe unha minoría branca. A maioría da poboación profesa o protestantismo (metodistas, pentecostales, adventistas do Sétimo Día) cun 45%, o anglicanismo cun 35%, o catolicismo cun 15%, e outras minorías relixiosas.

O 18 de xullo de 1995 o volcán Soufriere Hills fixo erupción e desde esa data continúa botando lava e cinza esporadicamente, o cal provocou a emigración da maioría da poboación da illa. Na actualidade o sur da illa atópase practicamente deshabitada, principalmente a área de Plymouth, a cidade capital. Ata que volva a calma en Plymouth, o pobo de Brades serve como sede temporal de goberno. Antes da erupción volcánica, a poboación era de 13.000 habitantes. Máis de 9.000 fuxiron pero moitos volveron. A poboación actual está ao redor de 9.000 e a maioría da poboación reside no noroeste da illa.

Cultura[editar | editar a fonte]

Como outras illas do Caribe, na cultura da illa hai influencias europeas e africanas. Un aspecto a resaltar é a influencia irlandesa xa que os primeiros colonos brancos foron de Irlanda.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Illa_Montserrat&oldid=4775116"