Illas Negras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Illa Negra")
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Coordenadas: 42°6′35.81″N 8°54′17.25″O / 42.1099472, -8.9047917

A Negra, pegada ó Faro Vello de Silleiro.

As illas Negras,[1] son un conxunto de illas situadas en cabo Silleiro, na parroquia de Baredo no concello pontevedrés de Baiona xa no límite coa parroquia oiense de Mougás. Atópanse no espazo da Costa de Baiona-A Guarda.

O arquipélago está formado[2] pola illa Negra, A Negra do Medio e A Negra de Fóra, xunto co Barco da Negra.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Diante delas atópase a punta da Negra.[3] Conforma xunto coa illa Carral e as illas Polbeiras o arquipélago das Illas de Silleiro, rico en marisco, principalmente percebes, xa que se trata de illotes rochosos. Estas foron lugar apreciado por parte das percebeiras.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mapa Topográfico Nacional. WMTS de cartografía raster del IGN (Mapa). 1:25.000. Instituto Geográfico Nacional de España. 
  2. Vilar Pedreira, Xosé Lois (2008). Talasonimia da costa sur de Galicia (PDF). Instituto de Estudos Miñoranos. 
  3. "Diagnóstico socioeconómico do concello de Baiona" (PDF). Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. 2006. Consultado o 18/2/2015. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Illas_Negras&oldid=4461144"