Illa da Altura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Coordenadas: 42°51′54.63″N 8°8′39.18″O / 42.8651750, -8.1442167 A Illa da Altura é unha illa de terra a dentro, pois formouse co encoro de Portodemouros no río Ulla.

Situada na parroquia de Beigondo do concello de Santiso, na Coruña, ten unha extensión de 58,14 hectáreas, sendo unha das máis grandes da Galicia interior.

Está rodeada toda ela por o río Iso, e ten unha altura sobre a cota máxima do encoro de 81 m, sendo a súa elevación máxima con respecto ao mar de 325 m.

Está dedicada a monte e, cando o nivel da auga baixa, convértese nunha península.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Illa_da_Altura&oldid=4828844"