Illa de Cortegada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°37′4.8″N 8°47′2.4″O / 42.618000, -8.784000

Illa de Cortegada
Isla de Cortegada.pav.jpg
Illa de Cortegada.
Illa de Cortegada en Pontevedra
Illa de Cortegada
Illa de Cortegada
Localización no mapa provincial.
Situación e mapa topográfico da Illa Cortegada
Situación
PaísGalicia Galiza
ProvinciaFlag Pontevedra Province.svg Pontevedra
MarAtlántico
Coordenadas42°37′4.8″N 8°47′2.4″O / 42.618000, -8.784000
Xeografía
Superficie2´5 km²
Longura máximakm
Largura máximakm
Punto máis alto20 m.
Distancia a terra189 m.
Demografía
PoboaciónDeshabitada

A illa de Cortegada está situada na ría de Arousa preto do estuario do río Ulla , fronte ás costas do Carril, no concello de Vilagarcía de Arousa. É a meirande illa do arquipélago de Cortegada, que contén ademais as illas Malveiras ou as illas Briñas, e está incluído no parque nacional das Illas Atlánticas.

É case unha Illa de marea, únese á terra na baixamar polos viveiros (aínda que queda un fluxo de auga, pódese pasar andando). Ten unha extensión de 5 hectáreas e unha superficie de 2,5 quilómetros cadrados con algunhas praias e dous pequenos outeiros de pouco máis de 20 metros de altura cubertos por unha abundante flora; o maior bosque de loureiros da Península Ibérica, piñeiros, e outra vexetación.

Historia[editar | editar a fonte]

Na Idade Media foi un lugar relacionado coas peregrinacións a Compostela que viñan polo mar. Na illa construíuse unha torre de defensa ante as invasións dos normandos e musulmáns. En 1334 construíuse a ermida da Virxe dos Miragres, reconstruída en 1652 a carón do peirao, na que se celebraba unha romaría. Ao seu carón existía un lazareto para os mariñeiros que chegaban ao porto do Carril. Xunto dela existe un cruceiro. Hai outro cruceiro ao nordeste da illa, na punta Corveiro.

A comezos do século XX había na illa unha poboación estable dunhas 70 persoas, na beira sueste, a máis abrigada. En 1907 unha comisión de nobres e industriais procurou mercar a illa para lla regalar ao rei Afonso XIII de España, coa idea de que construíse nela unha residencia estival. O 16 de xullo de 1910 rematou o proceso de compras e expropiacións dos terreos, e o 16 de xullo dese ano firmouse a escritura de cesión da illa á casa Real. Porén, por entón xa estaba a construírse o palacio da Magdalena en Santander, polo que a illa quedou como coto de caza. O rei foi visitala nunha ocasión.

  • Fuches a Vilagarcía,/ fuches e non viches nada,/ non viches beilar o Rei/ na isla de Cortegada [1].

Coa chegada da Segunda República Española a illa foi expropiada polo estado, construíndose un cuartel de carabineiros. En 1953 foi devolta a Juan de Borbón y Battenberg, que encargou a plantación forestal de eucaliptos e piñeiros. En 1978 vendeulle a illa a unha inmobiliaria, que tiña a idea de urbanizala e construír un campo de golf. Porén, logrouse paralizar o proxecto, e o 13 de xuño do 2002 foi incluída no parque nacional das Illas Atlánticas para a conservación dos seus valores naturais.

O 30 de agosto de 2007, cando foi expropiada pola Xunta de Galicia tralo pago dun xustiprezo de 1,8 millóns de euros, a illa volveu ser de dominio público.[2][3][4]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bouza Brey engade que se trata dunha adaptación doutra cantiga popular (non viches beilar o sol...) co gallo da visita de Afonso XIII a Cortegada, en 1909. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 204. No texto: ô Rei.
  2. La Voz de Galicia, ed. (29 de agosto de 2007). "A illa de Cortegada volve ser de dominio público". Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2013. Consultado o 12 de xullo de 2018. 
  3. Galicia Hoxe, ed. (2 de setembro de 2007). "Cortegada xa é dos cidadáns". Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2013. Consultado o 03 de setembro de 2007. 
  4. Otero Ricart, J.A. (28 de outubro de 2012). "Islas de la discordia". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 22 de novembro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Illa_de_Cortegada&oldid=4919378"