Illa de Onza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Illa de Onza
Onza.PNG
Illa de Onza dende a veciña illa de Ons.
Situación
País Galicia Galiza
Provincia Flag Pontevedra Province.svg Pontevedra
Mar Atlántico
Coordenadas 42°20′50.4″N 8°56′7.44″O / 42.347333, -8.9354000
Xeografía
Superficie 0´32 km²
Longura máxima km
Largura máxima km
Punto máis alto 84 m.
Distancia a terra m.
Demografía
Poboación Deshabitada

A Illa de Onza (ou Onceta) é unha illa galega da provincia de Pontevedra situada a 600 metros ao sur da Illa de Ons, coa que forma un arquipélago biinsular. É unha illa de 32 hectáreas con forma rectangular, e cun perfil relativamente alto (o seu cumio acada os 84 metros de altura). As súas costas son escarpadas, se ben conta con dúas pequenas praias ao norte (praia das Moscas) e ao sur (Porto do Sol), case inaccesibles por estaren baixo fortes cantís e arrodeadas de escollos. Está cuberta de vexetación arbustiva e, sobre todo na súa parte occidental, é un importante lugar de aniñamento de aves mariñas. Pese ao seu tamaño carece de árbores e non conta con ningunha construción agás un barracón construído polos militares. Forma parte do Parque nacional das Illas Atlánticas de Galiza.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes da Illa de Onza.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Illa_de_Onza&oldid=4836927"