Illa de Santa Cruz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Illa de Santa Cruz
Illa do castelo
Praia de Portocovo e castelo de Santa Cruz.JPG
Castelo de Santa Cruz
Illa de Santa Cruz en A Coruña
Illa de Santa Cruz
Illa de Santa Cruz
Localización no mapa provincial.
Situación
País Galiza Galiza
Concello Oleiros
Provincia Provincia da Coruña
Mar Océano Atlántico
Coordenadas 43°20′53″N 8°20′53″O / 43.34806, -8.34806
Xeografía
Superficie 0´019 km²
Demografía
Poboación Deshabitada

Illa de Santa Cruz (Illa do Castelo) é unha illa galega da provincia da Coruña, situada fronte á vila do Porto de Santa Cruz (na parroquia de Liáns, concello de Oleiros). Ten 1,9 hectáreas de superficie. É redonda e lixeiramente montuosa, cuberta de arboredo e xardíns, é unha illa de marea aínda que agora está unida á terra por unha ponte de madeira.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Na illa levántase un castelo, o Castelo de Santa Cruz, mandado construír polo capitán xeneral Diego das Mariñas no ano 1594. O porto coruñés estaba ben defendido polos de Santo Antón e San Diego, pero no ano 1589 a Armada inglesa, mandada por Francis Drake, puido chegar tranquilamente ata o fondo da baía e desembarcar en Oza para iniciar o asalto da Coruña. Isto puxo en claro a necesidade de completar a defensa da baía e de construír unha nova fortaleza na illa de Santa Cruz.

En 1640 termináronse as defensas do castelo, que foi dotado con boas pezas de artillería. Unha delas, chamada o canón Barranco, alcanzaba os 10 quilómetros (a distancia en liña recta do castelo de Santa Cruz ao de Santo Antón é de catro quilómetros). No século XIX, perdido o seu valor estratéxico, foi adquirido polo xeneral Cavalcanti, quen estaba casado cunha filla de Emilia Pardo Bazán. Levantou no corpo central un pazo para vivenda, pero, ao non ter descendencia, legou a fortaleza en 1938 á Arma de Cabalería, que o utilizou como residencia estival de orfos de militares.

Hoxe está dedicado á investigación e divulgación científica: é sede do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA).

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Illa_de_Santa_Cruz&oldid=4919457"