Illas Briñas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Illas Briñas
O Carril - Sinal - Illas Malveiras - Illas Briñas e illa de Cortegada-19.jpg
Ó fondo e á esquerda, as illas Malveiras; á dereita, a illa de Cortegada; entre elas, as illas Briñas. O Carril
Illas Briñas en Pontevedra
Illas Briñas
Illas Briñas
Localización no mapa provincial.
Situación
País Galiza Galiza
Provincia Flag Pontevedra Province.svg Pontevedra
Mar Océano Atlántico
Coordenadas Coordenadas: 42°36′51.92″N 8°48′9.72″O / 42.6144222, -8.8027000
Demografía
Poboación Deshabitada

As Illas Briñas son un subarquipélago galego na provincia de Pontevedra que forma parte do arquipélago de Cortegada, e con ela integradas no Parque nacional das Illas Atlánticas. Sitúanse a poñente das Illas Malveiras, ao oeste da Illa de Cortegada. Son dous illotes que suman no seu conxunto 5,5 hectáreas: A Briña e O Con Branco. A maior é a Briña (4 hectáreas), que é baixa, alargada e alternando area con zonas pedregosas. Está cuberta de vexetación herbácea e carece, como o espido Con Branco, de construcións.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Illas_Briñas&oldid=4920365"