Illas Ons

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Para a páxina da illa principal do arquipélago véxase Illa de Ons.

Coordenadas: 42°22′50″N 8°56′0″O / 42.38056, -8.93333

Illas Ons
Isla de Ons NWW.png
Imaxe das illas Ons dende o espazo.
Mapa das Illas Ons.png
Illas Ons
Situación
PaísGalicia Galiza
ProvinciaFlag Pontevedra Province.svg Pontevedra
ArquipélagoIllas Ons
MarAtlántico
Coordenadas42°22′50″N 8°56′0″O / 42.38056, -8.93333
Xeografía
Superficie4,458 km²
Longura máxima6,0 km (N-S)
Largura máxima1,5 km (L-O)
Punto máis alto128 msnm, Alto do Cucorno
Distancia a terra3,8 km
Demografía
CapitalBueu
Poboación80 (2010)

As Illas Ons son un arquipélago nas rías baixas formado pola illa de Ons e a illa de Onza ou Onceta e outros illotes, como o das Freitosas, o Centulo e a Laxe do Crego.[1][2] O arquipélago das Ons, ao igual que demais illas atlánticas galegas, son unha barreira natural das rías e as Ons pechan a boca da ría de Pontevedra.[1] A illa de Ons é alongada e cun releve pouco marcado. A súa pendente descende cara o leste, cara ao interior da ría. A súa costa exterior é acentuada e e ten múltiples furnas, escollos e paredes verticais no fondo mariño. A costa interior está resgardada e presenta praias e areeiros nos fondos. A illa de Onza é arredondada e cunha costa rochosa.

Namentres que as demais illas do parque natural deixaron de estar habitadas na década de 1970, a illa de Ons segue habitada. Acadou o seu máximo de ocupación na década dos 1960, cando esta tiña núcleos os poboación do Caño, o Curro, o Canexol, Pereiró, Cucorno, Chan da Pólvora e o Centulo, e que acollían a case 500 persoas. En 2018 na illa de Ons residían 65 persoas e tivo unha taxa de ocupación turísticas relevante. A súa poboación reside en vivendas rurais na costa do leste. As leiras destas aldeas mostran aínda hórreos e pequenas colleitas.[1]

Os primeiros xacementos arqueolóxico das illas están no Chan de Pólvora e no Cano de Ons onde hai gravados rupestres que poderían datar do neolítico á idade de bronce.[3] Na illa de Ons atópanse dous castros, pouco estudados, que son o Castelo dos Mouros e Cova da Loba.[4][5] Na praia de Canexol hai restos dunha salgadura romana para peixe.[6] As illas mencíonaas por primeira en vez por escrito Afonso III en 899 cando as chama illas "Aones" e as doou ao poder compostelá. No medievo puido ter asaltos viquingos e ter un mosteiro. As illas puideron quedar despoboadas desde o final do medievo ata o século XVIII polos asaltos como o de navíos ingleses. No século XIX fortificouse a illa de Ons e repoboouse, acadando un máximo a mediados do século XX. Desde o final da II Guerra Mundial as illas pasaron a ser administradas polo estado e a despoboarse, ata ser declaradas como espazos con interese de protección.[4][5]

O litoral das Ons, que conta con múltiples espazos protexidos da marexada, e a riqueza de nutrientes das augas que afloran nas rías favorecen a presenta dun ecosistemas mariño cunha alta riqueza biolóxica. Na súa costa interior, máis resgardada, os areeiros son hábitats que acollen a especies de interese, como bivalvos. Na súa superficie destacan as barreiras dunares, como a praia e duna de Melide, os cantís e as matogueiras e queiroas.[2] Así é, que as Ons desde o 2001 están protexidas por diferentes lexislacións. Forman parte do parque nacional das Illas Atlánticas de Galicia, están dentro do ZEC Complexo Ons – O Grove, constitúen o espazo de protección de aves ZEPA Illas de Ons e Onza, están dentro do OSPAR das Illas Atlánticas de Galicia e son un proxecto de protección de aves dentro do SEO/BirdLife.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O arquipélago das illas Ons está formado por dúas grandes illas e varios illotes:

  • Illa de Ons, de 5,5 km de lonxitude e 800 metros de largura.
  • Illa de Onza, de 32 hectáreas con forma rectangular.
  • A Freitosa, o maior illote, moi preto da costa suroeste da illa.
  • A Freitosa de Terra, illote xemelgo da Freitosa.
  • O Centolo, no seu extremo norte, de destacada forma. Trátase da parte do arquipélago máis achegada á terra firme.
  • O Cairo, situado fronte do antigo cemiterio da illa. É un farallón rochoso cunha característica forma de dente canino como indica o seu nome.
  • A Laxe do Abade, preto do peirao. Ten valor histórico por posuír no seu cumio un sepulcro antropomorfo medieval labrado na piedra.
  • A Pedra do Fedorento, ao sur do arquipélago.
  • Illa do Xuvenco, ao norte do arquipélago.
  • O Con dos Galos e outros de menor tamaño e importancia.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,11,2 Ballesteros-Arias, Paula; Sánchez-Carretero, Cristina (12/9/2014). Ons: unha illa habitada. ISBN 978-84-616-8787-9. 
  2. 2,02,1 Ana Vilas Paz (Medio marino), Beatriz Gamallo Liste (Vegetación), Jesús Framil Barreiro (Fauna), José Antonio Fernández Bouzas (Gestión), Katya Sanz Ochoa (UP y Visita al PN; El entorno del PN), Marta Lois Silva (Aproximación al PN, Medio Físico), Mónica Toubes Porto (Historia y etnografía), Vicente Piorno González (Gestión) (2014). Organismo Autónomo Parques Nacionales Catálogo de publicaciones de la Administración General del Estado, eds. Guía de visita Parque Nacional Marítimo-Terrestre de las Islas Atlánticas de Galicia (PDF). ISBN 978-84-8014-867-2. 
  3. Ballesteros-Arias, Paula; Seoane-Veiga, Yolanda (5/2012). Asociación Cultural-Gastronómica Pineirons, eds. "Gravados rupestres na Illa de Ons". Revista Aunios 60: 57–60. 
  4. 4,04,1 Consellería de Medio Rural, Xunta de Galicia (eds.). "Historia de las islas Atlánticas" (PDF). 
  5. 5,05,1 J.M.Reyero. Ministerio para la Transición Ecológica, eds. "Islas Atlánticas de Galicia: Historia". 
  6. "Ballesteros-Arias, Paula (5/2008). ""O xacementos romano do Cantil de Canexol (Illa de Ons, Bueu). O esquecemento do recurso mariño". Aunios (13). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Illas_Ons&oldid=4967213"