Illas de San Pedro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Illas de San Pedro
Paseo marítimo e Illas de San Pedro.jpg
Illas de San Pedro en A Coruña
Illas de San Pedro
Illas de San Pedro
Localización no mapa provincial.
Situación
PaísGalicia Galicia
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°22′44.48″N 8°26′58.72″O / 43.3790222, -8.4496444
Xeografía
Superficie0,15 km²
Distancia a terra250 m.
Demografía
PoboaciónDeshabitadas

As Illas de San Pedro son un arquipélago galego da provincia da Coruña, situadas no municipio da Coruña, na parroquia de San Pedro de Visma, ao pé do Monte de San Pedro. Son 5 illotes case chairos moi próximos uns aos outros, separados por unha canle inferior ao quilómetro e a 250 metros da costa. O conxunto das illas suma unha extensión de 15 hectáreas (a maior conta con 4). Tradicional zona de marisqueo. A súa vexetación é de carácter herbáceo onde se distinguen 14 especies diferentes.

Os illotes tamén teñen nomes de seu e son: Illa Vendaval ou Cetárea, Illa do Pé, Aguión,[1] As tres illas e Os Fernandiños.

En 2009 o arquipélago foi declarado espazo natural de interese local de xeito provisorio durante dous anos,[2] mais non se prorrogou. En 2016 o concello aprobou por unanimidade o procedemento para a súa declaración definitiva[3][4] e a declaración provisional foi aprobada pola Xunta o 16 de novembro de 2017.[5]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Illas_de_San_Pedro&oldid=4919402"