Incoga Norte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°20′49″N 8°25′30″O / 43.34703, -8.42503

Incoga Norte
INCOGA NORTE sede da Coruña.jpg
Sede de Incoga Norte na Coruña.
TipoSociedade Limitada Unipersoal
Fundación2002
LocalizaciónEstrada Baños de Arteixo, 33 15008 A Coruña
Persoas claveJosé María Cernada (Director)
IndustriaConstrución
ProdutosReformas e edificacións
Beneficio51 millóns de euros (2016)
Número de empregados370
Páxina webincoga.com
editar datos en Wikidata ]

Incoga Norte é unha empresa construtora con sede na Coruña especializada en proxectos comerciais e de reformas. Está considerada, segundo o informe Ardán, como unha das 10 empresas galegas máis rendibles.[1] A empresa realiza traballos para empresas como Inditex, Caramelo, Levis ou Porcelanosa. Forman parte do grupo as empresas Aplicanor, Decorga e Cercons. Incoga Norte ten certificacións de xestión ambiental, calidade e compromiso de mellora cos traballadores.

En 2014 a empresa foi acusada de incumprir a normativa laboral suíza ao ter traballadores en Zara en Bahnhofstrasse (Zürich) que estaban a cobrar 900 euros ao mes, a metade que marca o convenio suízo traballando 60 horas á semana.[2][3]

En 2017 Decorga foi acusada en Arxentina de someter un dos seus traballadores a condicións próximas á escravitude. Segundo a acusación, ao traballador contratado en España como pintor, cancelóuselle o billete de volta e encomendáronselle labores de xefe de obra.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Incoga_Norte&oldid=5148845"