Instituto Galego de Estudos Célticos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

O Instituto Galego de Estudos Célticos (IGEC) é unha asociación cultural creada no ano 2009. O principal obxectivo do Instituto é promover a investigación multidisciplinar no campo dos estudos celtas en Galicia, norte de Portugal e o marco atlántico europeo, con atención especial ás chamadas nacións celtas. O IGEC tamén promove o coñecemento da historia, cultura e sociedade de Galicia, así como o intercambio académico e científico. Ademais, o Instituto ten como obxectivo a recuperación e preservación (a través da educación) dos elementos da cultura celta presentes e visibles na sociedade contemporánea galega.

O IGEC participou nos foros públicos organizados en abril de 2011, The Celts of Atlantic Europe[1], en Narón. Delegados do IGEC participaron tamén ese mesmo ano no International Congress of Celtic Studies[2] en Maynooth, Irlanda.[3]

O Instituto ten autogoberno e é independente, a pesar de que moitos dos seus membros son académicos e traballan en distintas áreas como a arqueoloxía, a historia, a xeografía, a lingüística e as ciencias sociais.

Membros[editar | editar a fonte]

  • André Pena Graña: Co-fundador. Presidente e decano. Doutor en arqueoloxía e historia antiga. Arqueólogo do Concello de Narón.
  • Michelette Harris: Directora administrativa do IGEC. Graduada en Filosofía e Educación.
  • Laureano F. Carballo[4], arqueólogo especialista na Idade de Bronce e numismática.

Antigos membros: Heitor Rodal (presidente co-fundador)[5], Carlos Solla Varela, José Manuel Barbosa, Xoán Paredes, Blanca García Fernández-Albalát, Laureano Carballo, Higinio Martins Estêvez.

Membros eméritos e colaboradores: Venceslas Kruta, Jean Haudry, Robert Omnes, Fabien Regnier.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Third International Congress on Celtic Culture". Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2012. Consultado o 25 de agosto de 2018. 
  2. XIVth International Congress of Celtic Studies
  3. "IGEC". Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2013. Consultado o 25 de agosto de 2018. 
  4. Laureano Carballo en Academia.edu
  5. "Entrevista a Heitor Rodal, presidente do Instituto Galego de Estudos Célticos". Diário Liberdade. 16 de abril de 2011. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2015. Consultado o 25 de setembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Instituto_Galego_de_Estudos_Célticos&oldid=4923458"