Instituto de Crédito Oficial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Instituto de Crédito Oficial (Instituto de Crédito Oficial, oficialmente e en español) é un banco público adscrito ao Ministerio de Economía e Competitividade a través da Secretaría de Estado de Economía e Apoio á Empresa. Foi fundada en 1971, como institución pública responsable da coordinación e control dos bancos. Ten a natureza xurídica de entidade de crédito e consideración de Axencia Financeira do Estado[1]. O financiamento realízase a través da emisión de renda fixa. As súas funcións son, sobre todo, promover actividades económicas que contribúan ao crecemento e desenvolvemento do país, así como a mellora da distribución da riqueza nacional.

Lista de presidentes[editar | editar a fonte]

Debaixo están listados os presidentes que tivo o ICO desde a súa creación en 1971:

  •  ?? (1971-1978).
  • Rafael Bermejo Blanco (1978-1982).
  • Miguel Martín Fernández (1982).
  • Julián García Vargas (1982-1985).
  • Miguel Muñiz de las Cuevas (1986-1995).
  • Fernando Becker Zuazua (1996-1998).
  • José Gasset Loring (1999-2000).
  • Ramón Aguirre Rodríguez (2000-2003).
  • Aurelio Martínez Estévez (2004-2009).
  • José María Ayala Vargas (2009-2011).
  • Román Escolano Olivares (2012-2014).
  • Irene Garrido Valenzuela (2014-2015).
  • Emma Aguilera Navarro (2015-novembro 2016).
  • Pablo Zalba Bidegain (19 de novembro de 2016-presente)[2].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Instituto_de_Crédito_Oficial&oldid=4607531"