Irmáns Dardenne

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Irmáns Dardenne
Dardenne 2014.jpg
Luc (esquerda) e Jean-Pierre Dardenne en 2014
Nome completoJean-Pierre Dardenne
Luc Dardenne
NacementoJean-Pierre: 21 de abril de 1951 (67 anos)
Luc: 10 de marzo de 1954 (64 anos)
LugarLiexa, Bélxica
NacionalidadeBélxica Bélxica
ProfesiónDirectores, produtores, guionistas
editar datos en Wikidata ]

Os irmáns Jean-Pierre Dardenne ([daʁdɛn]), nado en Liexa o 21 de abril de 1951 e Luc Dardenne, nado na mesma cidade o 10 de marzo de 1954 son unha parella de cineastas belgas. Traballan como directores, produtores e guionistas nos seus filmes.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Os Dardenne naceron e creceron na provincia de Liexa, en Valonia. Jean-Pierre estudou arte dramática, mentres que Luc (tres anos máis novo) estudou filosofía. En 1975 crearon Derives, compañía coa que produciron sesenta filmes documentais antes de pasarse ás longametraxes de ficción. Estes filmes trataban temas como a inmigración polaca, a resistencia durante a Segunda Guerra Mundial e a folga xeral de 1960.

As súas dúas primeiras longametraxes de ficción, Falsch (1987) e Je pense a vous (1992), son pouco coñecidas, e Luc describiunas como unha "aventura desafortunada". O seu primeiro grande éxito foi La promesse en 1996.

Con Rosetta os Dardenne comezaron a fixarse nos problemas (filosóficos, espirituais e psicolóxicos) dos desempregados. A protagonista, Émilie Dequenne, que debutaba no cinema gañou o premio á mellor actriz no Festival de Cannes. O filme foi a primeira produción belga que gañou a Palma de Ouro.

Co seu seguinte filme, L’Enfant, volveron gañar a Palma de Ouro.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Longametraxe[editar | editar a fonte]

  • Falsch (1987)
  • Je pense à vous (1992)
  • La Promesse (1996)
  • Rosetta (1999)
  • Le Fils (2002)
  • L'Enfant (2005)
  • Le Silence de Lorna (2008)
  • Le gamin au vélo (2011)
  • Deux jours, une nuit (2014)
  • La Fille inconnue

Documentais[editar | editar a fonte]

  • Chant du rossignol (1978)
  • Lorsque le bateau de Léon M. descendit la Meuse pour la première fois (1979)
  • Pour que la guerre s'achève, les murs devaient s'écrouter (1980)
  • R... ne répond plus (1981)
  • Leçons d'une université volante (1982)
  • Regarde Jonathan/Jean Louvet, son oeuvre (1983)

Curtametraxes[editar | editar a fonte]

  • Il court... il court le monde (1987)
  • Dans l'obscurité (2007) (segmento do filme To Each His Own Cinema)

Produtores[editar | editar a fonte]

  • Vous êtes de la police ? (co-produtores)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Sebastiano Gesù (ed.), Etica ed estetica dello sguardo. Il cinema dei fratelli Dardenne, Catania, 2006.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Irmáns_Dardenne&oldid=4835808"