Isabel Aguirre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Isabel Aguirre
Nacemento 1937
  Vilagarcía de Arousa
Nacionalidade España
Educada en Universidade da Coruña
Ocupación arquitecta
Premios Medalla Castelao
editar datos en Wikidata ]

Isabel Aguirre de Úrcola, nada en Vilagarcía de Arousa en 1937, é unha arquitecta e paisaxista galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Arquitectura pola Universidade da Coruña. Foi profesora titular na Universidade da Coruña. É membro do Comité de Directores da Escola do European Council of Landscape Architecture Schools. Expuxo na Universidade de Harvard na exposición “Os 15 mellores Paisaxistas de Europa” no ano 2000. Encargouse das obras dos proxectos dos Parques Oeste Vale/Grande e Parque Sur en Lisboa, e do proxecto de rehabilitación de Illa do Cobo ou a Illa das Esculturas en Pontevedra[1]. Dirixe a Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega dende a súa creación en 2008.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Premio Nacional de Arquitectura Manuel de la Dehesa en 1997 pola rehabilitación do Parque de Bonaval en Santiago de Compostela, con Álvaro Siza.
  • Premio Europeo de Intervención no Patrimonio Arquitectónico polo seu traballo de recuperación paisaxística do contorno do Mosteiro de Caaveiro.
  • Medalla Castelao en 2018.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Xunta de Galicia (ed.). "Isabel Aguirre de Úrcola". Consultado o 8 de xuño de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Isabel_Aguirre&oldid=4781866"